Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 1996 Páx. 1.583

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

A Alcaldía delegada para a área de urbanismo, con data 24 de xaneiro de 1996, dictou a seguinte resolución:

1.-Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa redactado polos servicios municipais para a apertura da rúa Puerto Rico, respecto ás parcelas números 1 e 2 do citado proxecto, tal e como se describen a continuación:

-Parcela 1: referencia catastral 7603029.

Parcela de forma rectangular de 115,89 m de superficie, que linda ó norte, con rúa Puerto Rico; ó sur, con máis da mesma rúa; ó leste, con predio propiedade de Juana Catoira Bermúdez; e ó sur, con parcela número 2.

Titular: Juana Catoira Bermúdez.

-Parcela 2: referencia catastral 7603017.

Parcela de forma rectanguar de 242,40 m de superficie, que linda ó norte, con rúa Puerto Rico; ó sur, coa mesma rúa; ó leste, coa parcela número 1; e ó oeste, con camiño municipal.

Existe unha construcción auxiliar de 22 m de superficie construída.

Titular: Alicia Lista Vilariño e outros.

2.-Optar para a execución do citado proxecto polo procedemento de taxación conxunta.

3.-Somete-lo citado proxecto ó trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción dos correspondentes anuncios en prensa e diarios oficiais, así como remitir notificacións persoais ós que neste momento aparecen como interesados, nos termos que prevé o Art. 219.4º do texto refundido da Lei do solo, para que durante o citado prazo os interesados poidan consulta-lo proxecto de expropiación nas dependencias do Servicio de Urbanismo do Concello da Coruña, de luns a venres, de 12.30 a 14 horas, e presentar cantas alegacións estimen oportunas para defende-los seus dereitos.

Alcaldía da cidade da Coruña, vintecatro de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

P.D.

O alcalde

Rubricado

1325