Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 1996 Páx. 1.581

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 1996 pola que se anuncia poxa con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de pavimentación do entorno da rúa Veramar.

Obxecto: pavimentación do contorno da rúa Veramar. (Ref. 096/2).

Orzamento: 9.921.605 pesetas (IVE incluído).

Garantías: provisional 198.432 pesetas; definitiva 4% do orzamento.

Modelo de proposición: as proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:

«D/Dna. ..., veciño/a de ..., con enderezo en ..., provisto/a de DNI nº ..., en representación de ..., con enderezo en ... (ou en nome propio), informado/a

do anuncio de poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de pavimentación do contorno da rúa Veramar e dos pregos de condicións que a regulan, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición optando á adxudicación polo prezo de ... pesetas (IVE incluído) e no prazo de ...

En proba de aceptación de tales compromisos deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co resguardo que adxunto.

Data e sinatura do propoñente».

Presentación de proposicións: presentaranse en dous sobres pechados no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo (neste caso previo o cumprimento dos requisitos sinalados no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación), no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

Nos anversos dos sobres consignarase: «Proposición que presenta ... para optar á poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de pavimentación da rúa Veramar».

Prego de condicións: poderán ser examinados e retirada copia na Unidade de Obras e Concesións, 2ª planta do pazo municipal, praza de Mª Pita, nº 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 26 de xaneiro de 1996.

P.D.

O alcalde

Rubricado

1292