Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 1996 Páx. 1.580

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 1996 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a contratación do servicio de mantemento das instalacións do edificio da sede da Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Lugo.

Obxecto: servicio de mantemento das instalacións do edificio da sede da Delegación Provincial do IGVS en Lugo.

Orzamento: dezaseis millóns de pesetas (16.000.000), IVE incluído.

Prazo de execución: dous (2) anos.

Clasificación: grupo III; subgrupos 5 e 7; categoría A ou superior.

Garantía provisional: 320.000 ptas.

Garantía definitiva: 640.000 ptas.

Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescripcións técnicas que rexerán nesta contratación, estarán a disposición dos interesados, nos días e horas hábiles, no rexistro da sede dos Servicios Centrais do IGVS (Polígono das Fontiñas, Área Central, s/n. Santiago de Compostela).

Presentación de propostas: as proposicións presentaranse no antedito rexistro antes das 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Cando a proposición se envíe por correo o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama no mesmo día.

Apertura de propostas: a apertura das propostas admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, ás once (11) horas do quinto día hábil contado a partires do seguinte ó remate do prazo de presentación de propostas. Se ese día coincidise en sábado, a mesa reuniríase o luns seguinte á mesma hora.

Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 1996.

José A.Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

1294