Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 1996 Páx. 1.580

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 1996, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto con trámite de urxencia, para a contratación dunha consultoría e asistencia para a implantación, desenvolvemento e coordinación do proxecto Itinere.

-Obxecto: prestación de apoio técnico para a implantación, desenvolvemento e coordinación do proxecto Itinere para a integración social e a inser

ción ou reinserción laboral de persoas e colectivos desfavorecidos.

Tipo de licitación: 4.700.000 ptas. (IVE incluído).

Prazo de execución: 1 ano.

Garantía provisional: non se esixe.

Clasificación requirida: non se esixe.

Exposición de pregos: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse na Dirección Xeral de Servicios Sociais, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas, durante o prazo de presentación de proposicións.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, antes das 14 horas do décimoterceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do plazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante FAX (981) 54 56 91 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Dirección Xeral de Servicios Sociais ás 11 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas. As empresas que desexen facer vale-la súa inscrición no Rexistro de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia deberán indica-lo en documento aparte, grampado exteriormente ó sobre da documentación persoal.

Variantes: non se admiten.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso correrá por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 1996.

P.D. (Orde 7-5-1994)

Manuel Aguilar López

Director Xeral de Servicios Sociais

305