Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 1996 Páx. 1.580

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador C-177/1995 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a incoación de expediente sancionador, por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, sobre caza.

Que, así mesmo, designo instructor do expediente a Vicente Piorno González e secretaria a Mª Teresa Calvo García.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da citada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, aportar documentos ou as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que, de non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE 9-8-1993).

Pontevedra, 23 de xaneiro de 1996.

Manuel Abeledo López

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: C-177/1995.

Denunciado: Juan Luis Álvarez López.

Último domicilio coñecido: Ameixeira-Gondomar.

Feito denunciado: cazar sen documentación.

Precepto infrinxido: artigo 48.1º 8 outra 2.1º e outra 3.53º da Lei 1/1970 de caza.

Precepto sancionador: 48 da Lei 1/1970, de caza.

Sanción: 10.500.

1300