Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 1996 Páx. 1.568

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 de febreiro de 1996 pola que se convoca procedemento de selección para a adquisición da condición de catedrático nos corpos de profesores de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, crea no punto 3 da disposición adicional décimo sexta á condición de catedrático e establece os requisitos para adquirir tal condición.

Celebrado o concurso de méritos para a adquisición da condición de catedrático prevista na disposición transitoria quinta da citada lei procede agora convoca-lo procedemento selectivo que a Lei

orgánica establece con carácter xeral para adquirir esta condición, na súa disposición adicional décimo sexta.

Na súa virtude, esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria dispón convoca-lo procedemento para a adquisición da condición de catedrático, de acordo coas seguintes bases:

1. Bases xerais.

1.1. Convócase procedemento para a adquisición da condición de catedrático nos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de artes plásticas e deseño.

1.2. O número de prazas que se convocan é de 366, coa seguinte distribución por corpos e especialidades:

CorpoEspecialidadeNª Prazas

P.E.S.Filosofía14
Grego3
Latín6
Lingua castelá e literatura38
Xeografía e historia38
Matemáticas40
Física e química33
Bioloxía e xeoloxía26
Debuxo13
Francés14
Inglés31
Música3
Educación física10
Lingua e literatura galegas40
Formación e orientación laboral4
Organización e proxectos de fabricación mecánica2
Sistemas electrotécnicos e automáticos3
Sistemas electrónicos3
Organización e procesos de mantemento de vehículos2
Construccións civís e edificacións2
Administración de empresas11
Análises e química industrial1
Procesos sanitarios2
Asesoría e procesos de imaxe persoal2
Navegación e instalacións mariñas2
Procesos de producción agraria1
Informática3

Profesores E.O.I.Alemán1
Español para estranxeiros1
Francés4
Inglés7
Galego1

Profesores artes

plásticas e

deseño

Debuxo artístico2
Debuxo lineal1
Dereito usual e nocións de contabilidade e correspondencia comercial1
Modelado e baleirado1

As prazas non serán acumulables entre si.

1.3. Ó desenvolvemento deste procedemento seranlle de aplicación as seguintes normas:

-A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

-A Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada polas leis 4/1991, do 8 de marzo, 8/1992, do 24 de xullo e 3/1995, do 10 de abril.

-A Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

-O Real decreto 575/1991, do 22 de abril, polo que se regula a mobilidade entre os corpos docentes e a adquisición da condición de catedrático.

-O Real decreto 850/1993, do 4 de xuño, polo que se regula o ingreso e a adquisición de especialidades nos corpos de funcionarios docentes a que se refire a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro.

-Cantas outras normas lle sexan de aplicación.

1.4. Segundo establece o Real decreto 575/1991, do 22 de abril, o presente procedemento de selección estará integrado por:

a) Concurso de méritos. Valoranse os méritos previstos no baremo publicado como anexo II a presente orde, así como a memoria que se especifica no apartado 4 del.

b) Proba. Consistirá na exposición oral dun tema, segundo se especifica na base 7.2 desta convocatoria.

2. Requisitos dos candidatos.

Para participar no presente procedemento de selección os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

2.1. Ser funcionario de carreira dun dos corpos ós que se refire a base 1.1. da presente convocatoria.

2.2. Non ter adquirida a condición de catedrático.

2.3. Ter prestados servicios un mínimo de oito anos como funcionario de carreira no corpo e especialidade pola que se concursa computados á finalización do prazo de presentación de solicitudes. Para estes efectos consideraranse servicios prestados na mesma especialidade os desenvolvidos polo profesorado noutro posto acadado por concurso de traslados en virtude de estar en posesión da titulación habilitante ou ter adquirida outra especialidade polo procedemento previsto no Real decreto 850/1993, do 4 de xuño.

2.4. Ter destino definitivo nun centro actualmente dependente do ámbito de xestión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. No caso dos profesores en situación de servicio activo sen reserva de praza e os excedentes voluntarios, o cumprimento deste requisito entenderase referido ó último centro de destino.

2.5. Tódolos requisitos deberán manterse ata a expedición das correspondentes credenciais.

3. Solicitudes.

3.1. Os concursantes presentarán instancia por duplicado, axustada ó modelo que se encontrará a disposición dos interesados nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

3.2. Os participantes deberán xuntar á instancia os seguintes documentos:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade.

b) Declaración dos méritos que se aleguen, axustada ó modelo que se encontrará a disposición dos interesados nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

c) Toda a documentación xustificativa para a valoración dos méritos a que se refire o baremo, anexo II a esta convocatoria, agás a memoria, e en cada documento deberá facerse consta-lo nome, apelidos, especialidade e corpo. Aqueles méritos alegados e non xustificados documentalmente ou os documentos que carezan dos datos reseñados anteriormente non serán tidos en conta.

Non se admitirá ningunha fotocopia que careza da dilixencia de compulsa.

3.3. Importe e pagamento dos dereitos.

Os dereitos de exame serán de 9.180 pesetas.

O importe dos dereitos de exame, e, se é o caso, os gastos de transferencia correspondente farase utilizando o impreso de autoliquidación sinalado no anexo IV. O dito impreso facilitaráselles ós interesados xunto co impreso de solicitude, debendo cubrirse cos códigos que figuran no referido anexo.

A non presentación deste anexo, no que figure o selo da entidade bancaria, determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a presentación deste anexo, suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

3.4. A memoria a que se refire o punto 4 do baremo do anexo II, entregaráselle ó tribunal no acto de presentación que se celebre con anterioridade á realización da proba.

3.5. As instancias e a documentación dirixiranse á Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, podendo presentarse:

a) No rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

c) En calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de acordo coas condicións establecidas no citado precepto. No caso de que se optase por presenta-la solicitude ante unha oficina de

correos, farano en sobre aberto, para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de correos antes de ser certificada.

3.6. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

4. Admisión de aspirantes.

4.1. Lista provisional.

Transcorrido o prazo de presentación de instancias, a Dirección Xeral de Persoal fará pública no Diario Oficial de Galicia a lista provisional de admitidos e excluídos, por corpos e especialidades.

4.2. Reclamación contra a lista provisional.

Contra a lista provisional, os interesados poderán interpoñer, no prazo de dez días naturais, a partir do seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e perante a Dirección Xeral de Persoal, as reclamacións que coiden oportunas, de acordo co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

4.3. Lista definitiva.

As reclamacións presentadas serán aceptadas ou rexeitadas na resolución pola que se aprobe a lista definitiva de admitidos e excluídos, que igualmente se publicará no Diario Oficial de Galicia.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca mediante a presente orde.

4.4. Recurso contra a lista definitiva.

Contra a resolución que aprobe a lista definitiva de admitidos e excluídos, os interesados poderán interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto no artigo 114 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

4.5. Reintegro dos dereitos de exame.

Os dereitos de exame serán reintegrados, a petición dos interesados, ós aspirantes que fosen excluídos definitivamente da realización do procedemento de selección, por falta dalgún dos requisitos para tomar parte na devandita proba.

5. Órganos de selección.

5.1. A selección dos participantes no procedemento ó que se refire esta convocatoria realizarase polos seguintes órganos:

-Comisións de selección.

-Tribunais.

5.2. Comisión de selección.

Naquelas especialidades en que se nomee máis dun tribunal, constituirase unha comisión de selección de,

polo menos, cinco membros, e formada polos presidentes de cada un dos tribunais.

No suposto de que o número de tribunais da especialidade fose inferior a cinco, formará parte da comisión de selección o vocal número 1 dos tribunais que sexan necesarios, empezando polo tribunal número 1, ata acada-los cinco membros.

De seren nomeados unicamente dous tribunais, formará parte da comisión de selección o vocal número 2 do tribunal número 1.

O presidente do tribunal número 1 será o presidente da comisión de selección.

5.3. Constitución.

As comisións de selección constituiranse no prazo de corenta e oito horas desde que se constituísen os tribunais.

5.4. Competencias da comisión de selección.

Serán competencias da comisión de selección as seguintes:

a) Coordinación dos tribunais.

b) Determinación dos criterios de actuación dos tribunais e a súa homoxeneización.

c) Agregación das puntuacións correspondentes ás distintas fases do procedemento, ordenación e declaración dos aspirantes que superaron este procedemento.

d) Elaboración e publicación das listas de aspirantes seleccionados, así como elevación destas á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

5.5. Tribunais cualificadores.

A Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria procederá ó nomeamento dos tribunais que xulgarán o procedemento de selección, e fará pública a súa composición no Diario Oficial de Galicia.

5.6. Nomearáse, alomenos, un tribunal por cada unha das especialidades das que sexan titulares os aspirantes que participan na presente convocatoria. Excepcionalmente, cando o número de aspirantes o xustifique, poderá nomearse un só tribunal para máis dunha especialidade.

Os tribunais estarán constituidos por cinco membros:

Un presidente, designado, pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria entre funcionarios do corpo da Inspección de Educación, inspectores ó Servicio da Administración Educativa, funcionarios do corpo e especialidade correspondente que posúan a condición de catedrático ou profesores dos corpos docentes universitarios.

Catro vocais, designados mediante sorteo público entre funcionarios do corpo e especialidade correspondente que posúan a condición de catedrático.

No suposto de que non sexa posible designar tódolos vocais nas condicións anteriormente sinaladas, pode

rán designarse profesores doutros corpos ou doutras especialidades a que se refire a convocatoria que posúan a condición de catedrático ou profesores dos corpos docentes universitarios.

Así mesmo, poderán nomearse asesores especialistas para colaborar nas tarefas que o tribunal lles encomende.

5.7. Tribunais suplentes.

Para cada tribunal poderase designar polo mesmo procedemento un tribunal suplente.

5.8. Constitución dos tribunais.

5.8.1. Logo da convocatoria do presidente, constituiranse os tribunais, sendo precisa a asistencia do presidente titular, ou se é o caso, do suplente e de polo menos tres vocais.

Na citada sesión acordarán tódalas decisións que lles correspondan para o correcto desenvolvemento do procedemento selectivo.

Actuará como secretario o vocal con menor antigüidade no corpo, agás que o tribunal acorde determinalo doutra maneira.

5.8.2. Salvo que concorran circunstancias excepcionais, que serán apreciadas pola Dirección Xeral de Persoal, unha vez constituídos os tribunais só poderán actua-los membros presentes no acto de constitución e bastará coa asistencia de tres deles para a validez das sesións.

5.8.3. A suplencia do presidente será autorizada pola Dirección Xeral de Persoal, segundo corresponda; a dos vocais, polo presidente que vaia actuar, tendo en conta que deberá recaer no vocal suplente respectivo, ou, no seu defecto, nos que o sigan segundo a orde en que figuren na disposición que os nomeou.

5.9. Abstención e recusación.

Os membros dos tribunais absteranse de intervir se se desen as circunstancia sinaladas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Do mesmo xeito, de acordo co artigo 11.2º do Real decreto 850/1993, do 4 de xuño, deberán absterse de actuar aqueles membros que realizasen tarefas de preparación dos aspirantes ó procedemento de selección nos cinco anos anteriores a esta publicación.

Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas no parágrafo anterior, de acordo co artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

5.10. As funcións dos tribunais serán:

a) A cualificación dos coñecementos a que se refire a proba prevista na base 7.2 da presente orde.

b) A cualificación da memoria a que se refire o apartado 4 do baremo, anexo II á presente convocatoria.

c) Asigna-la puntuación correspondente ós apartados 3.2 e 3.3 do baremo.

d) Naquelas especialidades en que non se constitúan comisións de selección corresponderalles ós tribunais o exercicio das competencias atribuídas a estas no apartado 4 da base común 5 desta convocatoria.

5.11. A asignación da puntuación dos apartados do baremo non previstas no apartado anterior será efectuada en nome dos tribunais por unha comisión integrada por funcionarios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Poderá estar presente un representante de cada sindicato con presencia na mesa sectorial docente non universitaria, con voz e sen voto.

Esta puntuación, por apartados, farase pública na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas súas delegacións provinciais e poderá presentarse contra ela reclamación no prazo de dez días naturais, nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Resoltas as reclamacións, esta comisión procederá á publicación da puntuación definitiva de cada aspirante. Contra estas poderá interpoñerse recurso ordinario no prazo dun mes ante a Dirección Xeral de Persoal. Resoltos os recursos a Dirección Xeral de Persoal achegaralles ós tribunais as puntuacións definitivas.

5.12. Para efectos de comunicacións e demais incidentes, os tribunais terán a súa sede na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, San Caetano s/n, Santiago de Compostela.

5.13. Categoría dos tribunais e comisións de selección.

Os tribunais e comisións de selección que actúen no proceso selectivo estarán incluídos, para os efectos que prevé o Decreto 299/1990, do 24 de marzo (DOG do 1 de xuño), dentro da categoría primeira.

5.14. En ningún caso os tribunais ou as comisións de selección poderán declarar que superou o procedemento de selección obxecto desta convocatoria un número de aspirantes superior ó que se indica na base 1.2.

Calquera proposta que contraveña o anteriormente establecido será nula de pleno dereito.

6. Comezo e desenvolvemento da proba.

6.1. A proba a que se refire a base 7.2 desta convocatoria dará comezo nas datas que indique a Dirección Xeral de Persoal e non poderá efectuarse en ningún caso antes do 25 de xuño de 1996.

6.2. Orde de actuación.

A orde de actuación dos aspirantes virá determinado pola orde alfabética do primeiro apelido que comece pola letra obtida no último sorteo, previo á dita actuación, que realice a Consellería da Presidencia e Administración Pública. Os tribunais que non conten con aspirantes nos que o primeiro apelido comece pola letra indicada, iniciarán a orde de actuación coa letra ou letras seguintes.

6.3. Citación dos aspirantes.

Os aspirantes serán convocados, a través do Diario Oficial de Galicia, para o acto de presentación, con dez días naturais de antelación, como mínimo, indicando data, hora e lugar no que se realizará este acto.

6.4. Os aspirantes serán convocados para o acto de presentación e para a proba en único chamamento e serán excluídos do procedemento de selección os que non comparezan, salvo nos casos de forza maior debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal.

6.5. Unha vez comezado o procedemento de selección non será obrigatoria a publicación dos chamamentos individuais dos aspirantes a través do Diario Oficial de Galicia. Estes anuncios deberaos facer públicos o tribunal nos locais onde se celebre a proba con 24 horas de antelación.

6.6. Identificación dos aspirantes.

O tribunal poderá requirir en calquera momento ós aspirantes para que acrediten a súa identidade.

6.7. Exclusión dos aspirantes.

En calquera momento do proceso selectivo, se os tribunais tivesen coñecemento de que algún dos aspirantes non posúe a totalidade dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo de audiencia do interesado, deberá propoñe-la súa exclusión á Dirección Xeral de Persoal, poñendo no seu coñecemento as inexactitudes ou falsidades formuladas polo aspirante na solicitude de admisión ó procedemento selectivo para os efectos procedentes.

Contra a exclusión, o aspirante poderá interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

6.8. As probas correspondentes ás especialidades de idiomas modernos desenvolveranse no idioma correspondente.

7. Normas específicas para a actuación ante os tribunais.

7.1. Acto de presentación.

Neste acto, o que se alude na base 6.3 da presente orde, o aspirante deberá comunicarlle ó tribunal mediante escrito dirixido a el e que lle entregará persoalmente ou mediante persoa autorizada, o tema que vai a expoñer na proba, sen que posteriormente poida modifica-la súa elección.

Igualmente, neste acto, os aspirantes que presenten a memoria a que se refire o apartado 4 do baremo de méritos que se xunta como anexo II a esta orde, efectuarán a entrega dela ó tribunal, persoalmente ou mediante persoa debidamente autorizada.

7.2. Proba.

A proba consistirá na exposición oral dun tema da especialidade do aspirante, elixido por el, de entre os que compoñen a parte A) do temario da súa especialidade, que deberá terse comunicado previamente

ó tribunal segundo o disposto na base 7.1 anterior. O temario da especialidade será o vixente nos procedementos para ingreso na función pública docente nos corpos obxecto da presente convocatoria, que se indica no anexo III desta orde.

Os titulares daquelas especialidades específicas de formación profesional que, de acordo co anexo II. d) do Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, dividiranse en máis dunha especialidade nova, poderá face-la proba sobre calquera das novas especialidades procedentes da antiga.

A exposición seguirá un debate que versará sobre o contido dela e da memoria se esta se presentou.

A exposición do tema terá dúas partes: a primeira delas versará sobre os aspectos académicos do tema; deberá apoiarse en cantas referencias bibliográficas e documentais se coiden necesarias para acada-lo nivel científico que a condición de catedrátrico require. Na segunda o aspirante deberá relacionar o tema co currículo establecido pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou, de se-lo caso, cos contidos mínimos dos ciclos formativos, dándolle o tratamento didáctico oportuno, en función da etapa ou do curso ó que se refira.

O candidato disporá, como mínimo, dunha hora para a exposición do tema elixido. A duración do debate sobre a proba será como máximo de quince minutos se non se presentou memoria e de trinta minutos se se presentou.

7.3. Para a exposición do tema, o candidato poderá utiliza-lo material auxiliar que considere oportuno e que deberá achegar este mesmo, así como un guión do tema elixido, que non excederá de tres folios, escritos por unha cara.

8. Cualificación.

8.1. Os tribunais cualificarán a memoria a que se alude na base 3 da presente orde, segundo o establecido no apartado 4 do baremo do anexo II, de cero a dous puntos. Esta cualificación será a media aritmética das cualificacións de tódolos membros do tribunal. Cando entre as puntuacións outorgadas polos membros do tribunal exista unha diferencia igual ou superior a 0.66, serán automaticamente excluídas as cualificacións máxima e mínima, calculándose a puntuación media entre as cualificacións restantes. No caso de empate entre puntuacións máximas e mínimas unicamente será excluída unha delas.

8.2. Os tribunais cualificarán a proba de cero a dez puntos. Cando entre as puntuacións outorgadas polos membros do tribunal exista unha diferencia de tres ou máis enteiros serán automaticamente excluídas as cualificacións máxima e mínima, calculándose a puntuación media entre as cualificacións restantes. No caso de empate entre puntuacións máximas e mínimas unicamente será excluída unha delas.

9. Superación do procedemento.

9.1. Resultarán seleccionados en cada especialidade no presente procedemento adquirindo a condición de

catedrático no seu correspondente corpo, aqueles aspirantes que obtivesen, alomenos, un 35 por 100 da puntuación máxima total e ordenados segundo a suma das puntuacións acadadas no concurso e na proba, obteñan un número de orde igual ou inferior ó número de prazas convocadas en cada especialidade.

9.2. Os tribunais, unha vez recibidas as puntuacións da fase de concurso outorgadas pola comisión regulada na base 5.7, ordenarán os aspirantes, segundo as puntuacións totais obtidas e determinarán os profesores seleccionados.

9.3. No caso de que ó proceder á ordenación dos aspirantes se producisen empates, éstes resolveranse atendendo sucesivamente ós seguintes criterios:

a) Maior puntuación na proba.

b) Maior puntuación en cada un dos apartados que figuran no baremo pola orde na que aparecen no mesmo.

c) Maior puntuación obtida nos subapartados de cada un dos apartados, igualmente pola orde que aparecen no baremo.

d) Orde alfabética do primeiro apelido, tendo en conta que deberá contarse a partir da letra a que se fai referencia na base 6.2.

9.4. Os tribunais ou, se é o caso, as comisións de selección, unha vez determinados os profesores seleccionados, confeccionarán unha relación deles por orde de puntuación que elevarán á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria coa restante documentación correspondente ó desenvolvemento do procedemento de selección.

Esta relación farase pública no taboleiro de anuncios do local ou locais nos que se celebraron as probas.

Contra estas listas poderán os interesados interpoñer, de conformidade co disposto nos artigos 107 e 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso ordinario ante o director xeral de persoal.

9.5. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicará no Diario Oficial de Galicia as listas únicas de aprobados por especialidades, segundo se detalla nos apartados anteriores e procederá a expedi-las correspondentes credenciais acreditativas.

9.6. A adquisición da condición de catedrático supón a atribución do nivel de complemento de destino 26, coa correspondente percepción do complemento específico anual.

9.7. A recuperación da documentación presentada con ocasión da presente convocatoria poderán realizala os aspirantes no lugar e durante o prazo que se determine na orde pola que se faga pública a lista de

seleccionados. Se ésta non se retirase no prazo sinalado enténdese que o aspirante renuncia a súa recuperación, decaendo, polo tanto, no seu dereito.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 1996.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Sr. Director Xeral de Persoal

ANEXO I

MEMORIA (APARTADO 4 DO BAREMO)

I. Corpo de profesores de ensino secundario.

A memoria terá os seguintes apartados:

1. Análise do currículum (modelo curricular, fontes, compoñentes, etc.) da área de educación secundaria obrigatoria que corresponda á especialidade do candidato, así como a dunha materia do currículum do bacharelato que corresponda igualmente á dita especialidade.

2. Programación, referida a un ciclo ou curso, da área da educación secundaria obrigatoria ou materia do bacharelato analizada no apartado anterior. A programación que se elabore recollerá, alomenos, os seguintes aspectos:

a) Obxectivos da área referidos ó ciclo ou curso correspondente que expresen as capacidades que se pretende que desenvolvan os alumnos e alumnas.

b) Contidos (conceptuais, procedementais e actitudinais) que se consideran máis adecuados para acada-los obxectivos propostos, tomando como referencia o deseño curricular base (DCB) establecido para esta comunidade.

c) Secuencia dos contidos ó longo do ciclo ou curso e distribución deles por curso no caso do ciclo.

d) Criterios metodolóxicos.

e) Secuencia das unidades didácticas nas que se fagan consta-los obxectivos didácticos e os contidos correspondentes.

f) Criterios e instrumentos de avaliación con especial referencia ás aprendizaxes básicas das capacidades expresadas nos obxectivos.

g) Medidas previstas para atende-la diversidade do alumnado (actividades de reforzo e de ampliación).

h) Criterios para asegura-lo tratamento dos temas transversais.

i) Bibliografía.

3. Desenvolvemento dunha unidade didáctica incluída na programación á que se refire o apartado anterior.

No apartado 1, o profesorado da especialidade de filosofía realizará a análise do bloque de contidos «A vida moral e a reflexión ética» incluído no currículum da área de xeografía e historia e ciencias sociais, da educación secundaria obrigatoria, ademais da análise dunha materia do currículum do bacharelato.

No apartado 1 da memoria, o profesorado das especialidades de latín e grego realizarán a análise do currículum da materia optativa cultura clásica da educación secundaria obrigatoria ademáis da análise dunha materia do currículum do bacharelato que corresponda a súa especialidade.

No apartado 1 da memoria, o profesorado das especialidades relacionadas coa formación profesional específica realizarán a análise do currículum da área de tecnoloxía da educación secundaria obrigatoria ou ben o deseño dunha materia optativa de iniciación profesional, para a mesma etapa, relacionada coa especialidade do candidato. Deberán, así mesmo, realiza-la análise dun módulo nun ciclo formativo de formación profesional específica ou dunha materia do bacharelato que corresponda á súa especialidade.

No apartado 2 da memoria, os profesores ós que se refire o parágrafo anterior deberán programar unha das áreas, materias ou módulos desenvolvidos no apartado primeiro.

II. Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas

A memoria terá os seguintes apartados:

1. Análise do currículum correspondente ó idioma da especialidade do candidato, referida ó primeiro ciclo así como a un dos cursos do segundo ciclo.

2. Programación referida a un ciclo ou a un curso. A programación que se elabore recollerá, polo menos, os seguintes aspectos:

a) Obxectivos referidos ó ciclo ou curso correspondente, que expresen as capacidades que se pretende que desenvolvan os alumnos e as alumnas.

b) Contidos que se consideran máis adecuados para o desenvolvemento das citadas capacidades.

c) Secuencia dos contidos ó longo do ciclo ou curso e distribución deles por curso no caso do ciclo.

d) Criterios metodolóxicos.

e) Secuencia das unidades didácticas nas que se faga consta-los obxectivos didácticos e os contidos correspondentes.

f) Criterios e instrumentos de avaliación con especial referencia ás aprendizaxes básicas das capacidades expresadas nos obxectivos.

g) Bibliografía.

A lexislación aplicable será:

LOXSE (1990)

Real decreto 967/1988, do 2 de setembro (BOE do 10).

III. Corpo de profesores de artes plásticas e deseño

A memoria terá os seguintes apartados:

1. Análise do currículúm correspondente á especialidade do candidato, referida ós cursos de comúns, así como a un dos cursos de especialidade do Plan Experimental de 1988 (Decreto 179/1988, do 7 de xullo, DOG do 18) e desenvolvido polas correspon

dentes ordes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2. Programación referida a un curso. A programación que se elabore recollerá, alomenos, os seguintes aspectos:

a) Obxectivos referidos ó curso correspondente, que expresen as capacidades que se pretende que desenvolvan os alumnos e as alumnas.

b) Contidos que se consideran máis adecuados para o desenvolvemento das citadas capacidades.

c) Secuencia dos contidos ó longo do curso.

d) Criterios metodolóxicos.

e) Secuencia das unidades didácticas nas que se faga consta-los obxectivos didácticos e os contidos correspondentes.

f) Criterios e instrumentos de avaliación con especial referencia ás aprendizaxes básicas das capacidades expresadas nos obxectivos.

g) Bibliografía.

IV. A memoria deberá presentarse mecanografada a drobe espacio e a súa extensión será, como mínimo, de 60 folios e, como máximo, 80.

ANEXO II

BAREMO

MéritosPuntosDocumentos xustificativos

1. Traballo desenvolvido (máximo 4,5)

1.1 Por cada ano de servicio como funcionario de carreira do corpo desde o que se aspira á adquisición da condición de catedrático que supere os oito esixidos como requisito (máximo 3,5)0,50 puntosFotocopia compulsada do título administrativo coas dilixencias de posesión e cesamento ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.2 Desempeño de funcións específicas e avaliación da práctica docente (máximo 1 punto).

1.2.1 Por cada ano como director nun centro público de bacharelato, formación profesional, C.E.I, institutos de educación secundaria e profesional, escola de artes aplicadas e oficios artísticos, escolas oficiais de idiomas, centros de formación continuada do profesorado e centros de recursos.0,20 puntosFotocopia compulsada do nomeamento con dilixencia de posesión e cesamento, ou se é o caso, de certificación na que conste que este curso continúa no cargo.

MéritosPuntosDocumentos xustificativos

1.2.2. Por cada ano de vicedirector, subdirector, secretario ou xefe de estudios de centros públicos de bacharelato, formación profesional, artes plásticas e idiomas, incluídas as seccións de formación profesional, ou delegado do xefe de estudios de extensións de instituto de bacharelato ou similares en comunidades autónomas, director-xefe de estudios de sección delegada, director de sección filial, director de centro oficial de padroado de ensino medio, administrador en centros de formación profesional, profesor delegado no caso da sección de formaciónprofesional ou xefe de residencia de ensinanzas integradas0,15 puntosFotocopia compulsada do nomeamento con dilixencia de posesión e cesamento, ou se é o caso, de certificación na que conste que este curso continúa no cargo.

1.2.3. Por cada ano como subdirector, vicesecretario, xefe de estudios nocturnos en sección delegada, delegado do secretario en extensións de institutos de bacharelato ou similares en comunidades autónomas, director, xefe de estudios ou secretario dos centros homologados de convenio con corporacións locais, director de colexio libre adoptado con número de rexistro persoal ou secretario de centro oficial de padroado de ensino medio0,075 puntosFotocopia compulsada do nomeamento con dilixencia de posesión e cesamento ou, se é o caso, de certificación na que conste que este curso continúa no cargo.

1.2.4. Por cada ano de desempeño da función inspectora ou de postos da Administración educativa con nivel de xefe de sección ou superior0,20 puntosFotocopia compulsada do nomeamento con expresión da duración real do cargo.

1.2.5. Por cada ano como representante electo do profesorado no consello escolar do centro0,075 puntosFotocopia compulsada do documento xustificativo do nomeamento, no que conste a toma de posesión e cesamento.

1.2.6. Por cada ano como xefe de seminario ou departamento, xefe de seminario adxunto ou xefe de división0,15 puntosFotocopia compulsada do nomeamento, con dilixencia de posesión e cesamento ou, se é o caso, de certificación na que conste que este curso continúa no cargo.

1.2.7. Por cada ano como asesor de centro de formación continuada do profesorado ou responsable dos departamentos de orientación0,15 puntosFotocopia compulsada do nomeamento, con dilixencia de posesión e cesamento ou, se é o caso, de certificación na que conste que este curso continúa no cargo.

MéritosPuntosDocumentos xustificativos

2. Cursos de formación e perfeccionamento (máximo 1,5 puntos).

2.1 Por realización ou impartición de cursos de formación ou perfeccionamento convocados polas administracións educativas con competencia plena en materia educativa, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologadas ou recoñecidas polas administracións educativas anteditas, así como os organizados polas universidades, relacionados co ensino.

Por cada 10 horas de curso

0,05 puntosCertificado destes nos que conste de modo expreso o número de horas de duración do curso.

2.2 Por outras actividades de formación e perfeccionamento. Por cada 10 horas0,025 puntosCertificado destes nos que conste de modo expreso o número de horas de duración do curso.

3. Méritos académicos e outros méritos (máximo 2 puntos).

3.1. Méritos académicos (máximo 1,5 puntos).
3.1.1. Polo grao de doutor na titulación alegada para ingreso no corpo ou escala1,00 puntoFotocopia compulsada do título ou certificación do aboamento dos dereitos de expedición.

3.1.2. Por cada título universitario distinto do alegado para ingreso no corpo ou escala de igual ou superior grao0,375 puntosFotocopia compulsada do título alegado para ingreso no corpo, así como de cantos presente como méritos ou, se é o caso, das certificacións de aboamento dos dereitos.

3.1.3. Por premio extraordinario no título alegado para ingreso no corpo0,25 puntosDocumentos xustificativos del.

3.1.4. Por cada título universitario de grao inferior ó alegado para ingreso no corpo0,125 puntosFotocopia compulsada do título ou certificado do aboamento dos dereitos de expedición.

3.1.5. Polo certificado de iniciación de galego0,125 puntosCertificación del.

3.1.6. Polo certificado de perfeccionamento de galego0,25 puntosCertificación del.

3.2. Publicacións, proxectos e investigacións técnicas e méritos artísticos (soamente se valorarán as publicacións co I.S.B.N. ou depósito legal)Ata 0,50

puntos

Os exemplares correspondentes.

MéritosPuntosDocumentos xustificativos

3.3. Participación en actividades de reforma, experimentación, investigación e innovaciónAta 0,50

puntos

Certificación ou informe delas.

4. Memoria (máximo 2 puntos).

Nota: os documentos achegados para xustifica-los méritos dos apartados 3.1.5 e 3.1.6 non poderán ser valorados simultaneamente polo apartado 2. O profesorado elixirá o apartado en que desexa lle sexan baremados os cursos de inicación e perfeccionamento de galego. Na falta de opción a comisión baremaraos polo apartado que lles resulte máis favorable.

ANEXO III

TEMARIOS

CorpoEspecialidadeBOE/DOG

Profesores

de ensino secundario.

Filosofía, grego, latín, lingua castelá e literatura, xeografía e historia, matemáticas, física e química, bioloxía e xeoloxía, debuxo, francés, inglés, música e educación física.BOE do 21 de setembro de 1993.

Lingua e literatura galegas.DOG do 21 de marzo de 1995.

Formación e orientación laboral, organización e proxectos de fabricación mecánica, sistemas electrotécnicos e automáticos, sistemas electrónicos, organización e procesos de mantemento de vehículos, construccións civís e edificacións, administración de empresas, análises e química industrial, procesos sanitarios, asesoría e procesos de imaxe persoal, navegación e instalacións mariñas, procesos de producción agraria e informática.DOG do 13 de febreiro de 1996

Profesores de escolas oficiais de idiomas.Alemán, español para estranxeiros, francés e inglés. Galego.BOE do 21 de setembro de 1993.

DOG do 21 de marzo de 1995.

Profesores de artes plásticas e deseño.Debuxo artístico, debuxo lineal, dereito usual e nocións de contabilidade e correspondencia comercial.BOE do 28 de abril de 1994.

95-1080