Para os efectos de dar cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 5200/1995 interposto por Vicenta García Serén, contra resolución da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 4-5-1995 e outra do Concello de Arteixo do 8-4-1995, sobre aprobación das NN.SS.P. do dito concello, esta consellería resolveu ordena-la remisión do expediente administrativo ó dito tribunal.
O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, segundo dispón o artigo 64 da Lei de xurisdicción contencioso-administrativa, reformada pola Lei 10/1992, do 30 de abril.
Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 1996.
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda
876