Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 1996 Páx. 1.567

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 6191/1995, interposto por Elvira de Castro Pérez.

Para os efectos de dar cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Adminis

trativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 6191/1995 interposto por Elvira de Castro Pérez, contra a desestimación presunta por silencio dos recursos ordinarios contra acordos de 23-3-1995 e 4-5-1995, da CPU da Coruña, sobre aprobación definitiva do proxecto das NN.SS.P. do Concello de Arteixo e do texto refundido, esta consellería resolveu ordena-la remisión do expediente administrativo ó dito tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días segundo dispón o artigo 64 da Lei de xurisdicción contencioso-administrativa, reformada pola Lei 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 1996.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

0994