Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T. Atrio-Os Gaios, coas seguintes características especiais:
Peticionario: Sociedad Electricista de Tui, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L.M.T. da ponte internacional de Areas, ata o C.T. dos Gaios, concello de Tui.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.t., aérea, a 20 kV, de 1.375 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios metálicos e de formigón.
Orzamento: 2.475.000 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 12 de xaneiro de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
1233