Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 1996 Páx. 1.534

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 1996 pola que se anuncia polo sistema de concurso de proxecto e obra, a obra: polideportivo no campo Pompeo do Instituto de Bacharelato Otero Pedrayo de Ourense.

Esta Consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar,

polo sistema de concurso de proxecto e obra da obra que se cita:

Polideportivo no campo Pompeo do Instituto de Bacharelato Otero Pedraio de Ourense.

Orzamento de licitación: 230.304.964 ptas. (douscentos trinta millóns trescentas catro mil novecentas sesenta e catro pesetas).

Prazo de execución: 16 meses.

Clasificación requirida: grupo II, categoría E.

Esta obra realízase en colaboración co Concello e a Deputación Provincial de Ourense.

Exposición de proxectos: o proxecto e o prego de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto na Subdirección Xeral de Construccións, Equipamento e Servicios Educativos. Secretaría Xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación de proposicións, das dez a catorce horas. Os pregos de cláusulas administrativas particulares tamén se poderán examinar nas delegacións provinciais de Educación.

Prazo de presentación de proposicións: rematará ós corenta e cinco días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución.

Lugar de presentación de proposicións. no rexistro xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela. En canto ás proposicións por correo, haberá que aterse ó estarase ó disposto na cláusula 8.1 do prego das administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada nas cláusulas 8.2, 8.3, 8.4 e 8.5 do prego das administrativas particulares.

Exame da documentación: a mesa de contratación, cualificará as documentacións presentadas e publicará a continuación no taboleiro de anuncios desta consellería, o resultado da devandita cualificación, co fin de que se remedien, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

Apertura de proposicións: realizaraa a mesa de contratación ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo, na sala de xuntas des consellería.

O importe deste anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 22 de Febreiro de 1996.

Juan J. Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

95-1085