Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 1996 Páx. 1.533

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 1996 pola que se anuncia polo sistema de procedemento aberto por concurso a redacción dun proxecto de centro de ensinanza primaria de 18 unidades en Redondela (Pontevedra).

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar,

polo sistema de concurso de procedemento aberto, a redacción do proxecto:

-Centro de ensino primario de 18 unidades en Redondela (Pontevedra).

Orzamento de licitación: 6.403.155 ptas. (seis millóns catrocentas tres mil cento cincuenta e cinco pesetas).

Clasificación requirida: grupo II, subgrupo todos, categoría A.

Prazo de execución: 4 meses.

Exposición de pregos: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de cláusulas técnicas estarán de manifesto na Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Secretaría xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación de proposicións das nove a catorce horas. Os pregos de cláusulas administrativas particulares e técnicas tamén se poderán examinar nas delegacións provinciais de Educación.

Prazo de presentación de proposicións: rematará o vixésimo sexto día natural contado a partir do día seguinte da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela. En canto ás proposicións por correo, observarase o disposto na cláusula 7.2 do prego das administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada no punto 7 do prego das administrativas particulares.

Exame da documentación: a mesa de contratación cualificará as documentacións presentadas e publicará a continuación no taboleiro de anuncios desta consellería o resultado da devandita cualificación, co fin de que se enmenden, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte ó de terminación do prazo, na sala de xuntas desta consellería.

O importe deste anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 1996.

Juan J. Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

1389