Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 1996 Páx. 1.535

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de declaración de urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos precisos para continua-la explotación de lousa na concesión que se menciona.

De acordo co disposto no artigo 102 da Lei de minas do 21 de xullo de 1973 e 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e para os efectos previstos no artigo 56 do seu regulamento executivo, sométese a información pública a solicitude feita por Pizarras Gallegas, S.A. para que se declare de urxente ocupación a continuación dos traballos de explotación da concesión de lousa calzada, nº 4288, sita na paraxe de Clazada, en S. Vicente de Leira, no concello de Vilamartín de Val

deorras, desta provincia de Ourense, para efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para o desenvolvemento do labor.

Publícase como anexo desta resolución a relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados pola expropiación.

O que se fai público de conformidade co previsto no apartado 2º do artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa. Calquera persoa, dentro dos quince días seguintes ó da publicación desta resolución, e os interesados no mesmo prazo, contado desde o día seguinte ó da notificación que se lles fará, poderán achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de bens e propietarios afectados, presentando por triplicado as alegacións que estimen procedentes nas oficinas desta delegación provincial, sitas na rúa Curros Enríquez, 1-4º de Ourense.

Ourense, 12 de febreiro de 1996.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

* Parcela nº 1.

Propietarios: comunal de San Vicente de Leira.

Enderezo: San Vicente de Leira (Vilamartín de Valdeorras).

Propiedade: predio de 40.131 m que linda ó norte, co monte comunal e Pizarras Gallegas, S.A., ó sur con Pizarras Gallegas, S.A., ó leste co monte comunal, ó oeste co monte comunal e Pizarras Gallegas, S.A. Atópase no catastro na paraxe de San Xulián, polígono 25, parcelas números 1577 y 1567, dedicada a monte baixo.

* Parcela nº 2.

Propietarios: Hdros. De Casimiro Fernández Fernández.

Enderezo: S. Vicente de Leira (Vilamartín de Valdeorras).

Propiedade: predio de 220 m. Linda en tódolos extremos con Pizarras Gallegas, S.A. Atópase no catastro na paraxe da Golada, polígono 25, parcela 1327, dedicada a monte baixo con tres castiñeiros.

95-1047