Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 1996 Páx. 1.533

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de citación (963/1995).

Pola presente cédula e en virtude do acordado nesta data pola maxistrada-xuíza deste Xulgado do Social número catro Beatriz Rama Insua, nos autos rexistrados co número 963/1995, seguidos por instancia de María Ángeles Brañas Carballal e outro, contra Confecciones San Juan Bautista Eirís Cooperativa Limitada e outros, sobre cantidade, acordou que se cite a Confecciones San Juan Bautista Eirís Cooperativa Limitada, Confecciones Eirís, S.L.; Marina Iglesias Leboráns, Soledad Couselo Vázquez, Elvira Pérez Fernández, Mercedes Álvarez Quintela, María Ana Costoya Garea, Dolores Pilar Pombo García, Noemí Puga Alonso, Cecilia Sierra Rodríguez, Mercedes Codesido López; Carmen Rodríguez García, Laura Seoane Fraga e Encarnación Peña Sanmartín, que tiveron o seu domicilio na Coruña e hoxe en paradoiro ignorado, en única convocatoria, para que acompañados de tódolos medios de proba de que se intenten valer, comparezan neste xulgado, sito na r/ Monforte s/n, da Coruña; edificio Novos Xulgados, o

día dez de abril ás 11 horas, co fin de asistir á celebración do acto de xuízo correspondente e render confesión xudicial no mesmo acto, podendo telos só por confesos en caso de incomparecencia, requiríndoos así mesmo, para que ó dito acto acheguen a seguinte documentación: a escritura pública de disolución da cooperativa, outorgada en data 30-9-1993 ante o notario da Coruña, Santiago Gil Carnicer.

Fáiselles saber que a copia da demanda se atopa ó seu dispor na secretaría deste xulgado.

Na Coruña, trinta e un de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria xudicial

Rubricado

1333