Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 1996 Páx. 1.532

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (12/1992).

En virtude do acordado por este xulgado no xuízo civil de cognición nº 12/1992, seguido por instancia de Julio Daniel Quintáns Trenco contra Saturnino Rodríguez Rodríguez e Isabel Pazos Posse, sobre reclamación de cantidade por honorarios. Por medio da presente cédula emprázase ó referido demandado Saturnino Rodríguez Rodríguez, para que no improrrogable prazo de seis días hábiles, se persone nos devanditos autos, coa prevención de que se non o verifica, será declarado rebelde.

E para que sirva de emprazamento en forma ó referido demandado e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vinteoito de xaneiro de mil novecentos noventa y tres.

O secretario

Selado e rubricado

868