Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 1996 Páx. 1.532

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (255/1995).

Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial.

Fai saber que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de xuízo declarativo ordinario de menor contía co número 255/1995 por instancia de comunidade de propietarios do edificio El Roble representada pola procuradora Goimil Martínez contra outro e José Filloy Villar, de quen se descoñece o domicilio, sobre reparación de defectos de construcción, dictándose no mesmo día da data providencia pola que se acorda o emprazamento do referido codemandado para que no prazo de 10 días compareza en forma en autos, representado por procurador e asistido de letrado, baixo apercibimento de que, se non o verifica, será declarado en rebeldía, dándose por precluído o trámite de contestación á demanda e seguindo o xuízo o seu curso.

E, para que o acordado se cumpra e para publicar no taboleiro de anuncios deste xulgado e no DOG estendo o presente edicto que é dado en Santiago de Compostela o dezaoito de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

A maxistrada

Rubricado

O secretario

Rubricado

3218