Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 1996 Páx. 1.531

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (211/1995).

En virtude do acordado por providencia desta data recaída nos autos de xuízo declarativo de cognición número 211/1995, notifícaselle ó demandado José

López Varela a sentencia dictada neles, con encabezamento e parte dispositiva que son como segue:

Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número un, desta cidade e do seu partido, os presentes autos de xuízo declarativo de cognición, seguidos neste xulgado baixo o número 211 de 1995, entre partes: dunha, como demandante, Pastor Servicios Financieros, Entidad de Financiación S.A. (Grupo Pastor), domiciliada na Coruña, representada nos autos polo procurador García Piccoli-Atanes, asistida do letrado Parada Arcas, e doutra, como demandado, José López Varela, veciño desta cidade, con domicilio na rúa Vila de Noia número 7, 3, A, incomparecido e en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de certa cantidade.

Decido que, estimando a demanda formulada polo procurador García Piccoli, en nome e representación de Pastor Servicios Financieros, Entidad de Financiación S.A., contra José López Varela, incomparecido e en situación procesual de rebeldía, debo condenar e condeno o demandado a que satisfaga á mercantil demandante a suma de 101.582 ptas., mailos xuros legais desde a interpelación xudicial, e ó pagamento das custas causadas.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, facendo saber ás partes que non é firme, e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días, perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

E para que sirva de notificación ó demandado José López Varela, declarado en rebeldía, expido a presente edicto para a súa inserción no DOG, que asino en Santiago de Compostela, dez de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

492