Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 1996 Páx. 1.531

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ARZÚA

EDICTO (220/1995-A).

José Manuel Silvosa Tallón, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa.

Dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo de faltas número 202/1995 se dictou a sentencia que ten como encabezado e decisión o seguinte:

«Sentencia.-En Arzúa, o vinteún de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuela Carreira Simón, xuízo do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción desta vila e o seu partido, viu os presentes autos de xuízo de faltas número 220/1995-A no que son parte o Ministerio Fiscal en representación da acción pública e como denunciante María Mercedes Seijo Varela, maior de idade, veciña de Melide, con domicilio en Santa María, como denunciado José Manuel Rico Rodil, maior de idade, veciño de Melide, con igual domicilio que o anterior.

Decido, que debo absolver e absolvo a José Manuel Rico Rodil, da falta que se lle imputaba, declarando de oficio as custas procesuais.

Notifíqueselle a presente resolución ó Ministerio Fiscal e ás partes intervinientes neste.

A presente sentencia non é firme e contra ela cabe recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, a cal deberá ser formulada por escrito e debidamente fundamentada.

Así por esta miña sentencia, xulgado en primeira instancia e da que se unirá certificación literal ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e sirva de notificación en legal forma ó denunciado José Manuel Rico Rodil, na actualidade en ignorado paradoiro, expido, selo e asino o presente edicto en Arzúa o vintedous de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

672