Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 1996 Páx. 1.530

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 1996 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso de méritos para a provisión da praza 95/049 de corpos docentes universitarios convocado por esta universidade.

De conformidade coa sentencia do Tribunal Constitucional, do 27 de febreiro de 1987 (BOE do 24

de marzo), que modifica o artigo 39.3º da Lei 11/1983, de reforma universitaria, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro), sobre o procedemento para a designación dos membros das comisións que han de xulga-los concursos de méritos para a provisión de prazas de corpos docentes universitarios, e a teor do establecido no Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e o Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño.

Este rectorado resolve nomea-la comisión titular e suplente que ha de xulga-lo concurso de méritos convocado por Resolución do 16 de outubro de 1995 (BOE do 14 de novembro).

A comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, a contar desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación ante o rector da Universidade da Coruña, no prazo de quince días hábiles, a partir del siguiente a su publicación.

A Coruña, 31 de xaneiro de 1996.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento: economía aplicada.

Praza número: 95/049.

Comisión titular:

Presidente: Pedreira Andrade, Luis Pedro, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretaria: Martínez Barbeito, Josefina, catedrática de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Vocais:

Martín Pliego, Francisco Javier, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

Rioboo Almanzor, José María, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Ruiz-Maya Pérez, Luis, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

Comisión suplente:

Presidente: López López, Miguel Ángel, catedratico de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Faiña Medín, José Andres, catedratico de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais:

Miguel Sánchez, José Carlos de, catedratico de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Martínez Aguado, Timoteo, catedratico de universidade. Universidade Castellano-Manchega.

Parejo Gamir, José Alberto, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

666