Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 1996 Páx. 1.530

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ACORDO do 13 de febreiro de 1996, do tribunal cualificador do concurso-oposición, para o ingreso na categoría de pinche de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde convocado por Resolución do 18 de maio de 1995.

O apartado 7 da base sexta A) da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 18 de maio de 1995 (DOG nº 99, do 25 de maio) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, dispón que unha vez comezadas as probas, o tribunal fará públicos os anuncios de celebración dos sucesivos exercicios nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Recursos Humanos e nos das dirección provinciais do Sergas e por calquera outro medio que se xulgue conveniente para facilita-la súa máxima divulgación, con vintecatro horas, polo menos, de antelación á indicada o seu comezo.

Adoptado acordo polo tribunal da categoría de pinche sobre as datas e lugar de celebración do segundo exercicio da fase de oposición, procede agora darlle publicidade a este no Diario Oficial de Galicia ademais dos lugares previstos na convocatoria.

ACORDO:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes que superaron o primeiro exercicio da fase de oposición para o ingreso na categoría de pinche de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, para a realización do segundo exercicio da fase de oposición nos días, horas e quendas que aparecen reflectidas no anexo do presente acordo.

Segundo.-O dito exercicio realizarase no Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, Hospital Médico-Cirúrxico e Psiquiátrico de Conxo, no edificio do Hospital de Conxo, sito na rúa Ramón Baltar s/n en Santiago de Compostela.

Terceiro.-Os aspirantes terán que ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 1996.

Valeriano Martínez García

Presidente do tribunal

ANEXO

Día 6 de marzo de 1996:

-Ás 9 horas.

De: Alonso Alonso, Pilar.

A: Dapena Rodríguez, Francisco Javier.

-Ás 16 horas.

De: Díaz Rodríguez, José Faustino.

A: López López, Mª Gloria.

Día 7 de marzo de 1996:

-Ás 9 horas.

De: López Pérez, Purificación.

A: Rey Pedreira, José Ángel.

-Ás 16 horas.

De: Rey Santoandre, Manuel José.

A: Viso Rubim, Mª del Carmen.

887