Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 1996 Páx. 1.507

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector de hostelería.

Visto o expediente do convenio colectivo do sector de hostelería, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 18-12-1995, subscrito en representación da parte económica pola Asociación de Empresarios da Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol, e, da parte social pola Confederación Intersindical Galega e por Comisións Obreiras o día 15-12-1995, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de decembro de 1995.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Convenio colectivo provincial de hostelería 1995-1996

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

Este convenio colectivo afectará a toda-las empresas e establecementos encadrados no sector de hostalería, ós que lles sexa de aplicación a ordenanza de traballo aprobada por orde ministerial do 28 de febreiro de 1974.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Este convenio ampara a tódolos traballadores os que se lles aplica a ordeanza antes citada, e que presten os seus servicios nas empresas e establecementos que se indican por virtude do disposto nos artigos 1.3º c) e 2.1º a) do Estatuto dos traballadores.

Artigo 3º.-Ámbito territorial.

O presente convenio é de ámbito provincial e aplicarase polo tanto, ás empresas e ós seus traballadores ós que fan referéncia os anteriores artigos, sempre que estén radicadas na provincia da Coruña.

Artigo 4º.-Vixéncia, duración e prórroga.

O presente convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1995, independentemente da sua publicación no BOP. Terá unha duración de dous anos, ata o dia 31 de decembro de 1996.

Poderase denúnciar por calquera das partes, cun mes de antelación como mínimo á data do seu vencemento. Se non fose denúnciado, entenderase prorrogado por períodos dun ano sucesivamente.

No caso de prórroga por un ano, efectuarase un aumento salarial equivalente ó incremento do IPC.

Artigo 5º.-Compensacións e melloras.

As melloras que se implantan neste convenio, así como as voluntarias que se estabelezan no sucesivo, serán compensables e absorbibles ata donde alcancen os aumentos, melloras ou condicións superiores de calquera natureza que, fixadas por disposición legal, contrato individual ou concesión voluntaria, poidan establecerse no sucesivo.

Artigo 6º.-Retribucións.

Os salarios garantidos e fixos que corresponden ás diversas categorías profesionais, serán a partir da vixencia deste convenio os que figuran para calquera clase e categoría nas táboas anexas.

A quen a ordenanza nacional lle recoñece o dereito de manutención e aloxamento, incrementaránselle durante o ano 1995, 5.222 ptas. e 1.483 ptas. mensuais respectivamente ós salarios garantidos que figuran nas táboas que se mencionan; e durante o ano 1996, 5.431 ptas e 1.542 ptas. mensuais respectivamente, sempre e cando non fagan uso de tal direito.

Para tódolos efectos, entenderanse como salarios reais os garantidos, establecidos nas táboas salariais anexas, incrementados co importe de aloxamento, manutención e antigüidade, en cada caso.

Estes salarios teranse en conta, para tódolos efectos, nas pagas mensuais e inclusive nas extraordinarias e premios de xubilación.

Así mesmo, respectarase a participación na porcentaxe de servicios e ó persoal que teña dereito a el, na forma e contía que establecen as disposicións vixentes, coa soa variación dos servicios de comedor prestados fóra do establecemento, así como os que

se devenguen nos servicios especiais, lunchs, banquetes, etc., a distribución dos cales farase entre o persoal do comerdor (o 10%), e o de cociña (o 5%), facendo o tronco de cociña unha distribución máis xusta e equitativa, dando entrada na dita porcentaxe ó persoal que dedique, polo menos, a metade do tempo á dito servicio, quedando pois, a distribución da porcentaxe do referido servicio do seguinte xeito:

Xefe de cociña: 5 puntos.

Segundo xefe de cociña: 4 puntos.

Xefe de partida: 3,5 puntos.

Cociñeiro: 2 pontos.

Axudante de cociña: 1,5 puntos.

Reposteiro: 4 puntos.

Oficial de reposteiro: 1,5 puntos.

Limpeza: 1,5 puntos.

Limpeza a meia xornada: 1 punto.

Cafeteiro: 3 puntos.

Axudante de cafeteiro: 1,5 puntos.

Encargado e bodegueiro: 3,5 puntos.

Marmitón: 1,5 puntos.

Lencería: 1,5 puntos.

Pinche: 1,5 puntos.

Aprendiz de cociña: 1,5 puntos.

Fregadora: 1,5 puntos.

Prateiro: 2 puntos.

Oficial de contabilidade: 2 puntos.

Caixeiro: 2 puntos.

Interventor: 2 puntos.

Queda suprimida a participación na porcentaxe de servicios a percibir polos traballadores, a partir do 31-12-1996, derrogándose expresamente o artigo que fai referencia en canto ó mesmo na ordenanza e no convenio. Todo iso sen menoscabo do previsto nos artigos 5º e 7º deste convenio colectivo.

Incremento dos conceptos económicos nun 6% para 1995, e IPC a 31-12-1996 real para 1996, sendo a subida inicial dun 4%, revisándose no caso de que o IPC real sexa superior ou inferior a esa porcentaxe, neste último caso, a contía inferior que resultase compensarase na subida salarial do convenio do ano seguinte.

Artigo 7º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas establecidas neste convenio teñen a condición de mínimas, polo que os actos, cláusulas, condicións e situacións actuais implantadas que impliquen condicións máis beneficiosas ás aquí convidas subsistirán para aqueles productores que as viñerán disfrutando.

Artigo 8º.-Aumentos por antigüidade.

Os incrementos por antigüidade quedan de acordo á seguinte escala:

1. Un 4% sobre o salario garantido ó cumprirse tres anos de servicio efectivo na empresa.

2. Un 9% ós seis anos.

3. Un 17% ós nove anos.

4. Un 25% ós quince anos.

5. Un 40% ós vinte anos.

6. Un 48% ós vintecrato anos.

A partir dos vintecinco anos de servicio na empresa incrementarase un 2% anual ata o límite do 60%.

O disposto anteriormente entenderase sen prexuízo dos dereitos adquiridos ou en proceso de adquisición durante os anos 1995-1996.

A data inicial para a determiñación da antigüidade será a de ingreso na empresa, aínda que cambie por ascenso ou por calquer outro motivo de categoría profesional.

A antigüedade queda garantida para os traballadores que a viñeran desfrutando ó inicio da vixencia do convenio, quedando suspendida durante a vixencia do mesmo (1995-1996), para os traballadores contratados apartir do 1 de xaneiro de 1995.

Tal dereito de antigüedade en canto á suspensión, refírese ó concepto de complemento salarial.

No caso de non chegar a outros acordos a 31-12-1996, volveríase á situación anterior á vixencia deste convenio, é dicir, que non se aplicaría a suspensión quedando en vigor a tódolos efectos o previsto nos tres primeiros parágrafos do presente artigo.

Artigo 9º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias do Nadal e xullo serán de trinta días de salario garantido, incrementado coa antigüidade para as distintas categorías sinaladas neste convenio.

No mes de setembro aboarase unha paga extraordinaria consistente en quince días do salario garantido, incrementado coa manutención, aloxamento e antigüidade, se é o caso.

Artigo 10º.-Vacacións.

Tódolos traballadores terán dereito a trinta días de vacacións anuais, podéndose desfrutar en bloque ou fraccionadas en dous periodos de quince días cada un.

A decisión de desfrutalas nun período ou dous, así como a data ou datas de desfrute, terá que ser de mutuo acordo entre a empresa e os representantes dos traballadores. No caso de desacordo entre as partes, a xurisdicción competente fixará a data que corresponda para o desfrute, e a súa decisión será irrecorríble.

Con independencia das vacacións, os traballadores desfrutarán dos días non laborais legalmente establecidos.

Artigo 11º.-Xornada laboral.

A duración maxima da xornada de traballo será de 40 horas semanais de traballo efectivo. Tódolos traballadores terán dereito como mínimo a día e medio ininterrumpido de descanso semanal. Será xornada continuada nos departamentos de recepción, conserxería, teléfonos, pisos, lencería, administración e contabilidade, sempre en empresas de máis de 50 traballadores.

As horas traballadas durante o período comprendido entre as dez da noite e as seis da mañá, salvo que o salario se establecese atendendo a que o traballo sexa nocturno pola sua própia natureza, terán unha retribución específica incrementada, como mínimo, nun 25% sobre o salario base.

Artigo 12º.-Calendario laboral.

As empresas e establecementos regulados polo presente convenio deberán contar cun calendario laboral no que figuren as quendas de traballo, descansos semanais, quendas de vacacións para cada traballador e festas anuais.

Este calendario laboral será realizado pola representación da empresa e os representantes dos traballadores, tendo que quedar fixado antes do 31 de outubro do ano anterior ó que se trate.

Os empresarios deberán facer unha copia, asinada convenientemente polas representacións respectivas, expoñéndoo nun lugar visible do centro de traballo para coñecemento de tódolos traballadores, así como copia ós representantes.

Artigo 13º.-Dote por matrimonio.

A dote do persoal que contraia matrimonio consistirá no aboamento dunha mensualidade por cada ano de servicio nun maximo de seis. Entenderase como salario garantido o que corresponda ós traballadores pola sua categoría profesional previsto neste convenio, incrementado coa antigüidade.

Este dereito afectará unicamente ós traballadores que ó contraer matrimonio rescindan o seu contrato de traballo.

Tanto o persoal masculino como o feminino que leve dous anos de servicio na empresa e contraia matrimonio continuando nela, percibirá en concepto de dote, unha mensualidade de retribución, que comprenderá o salario base máis a antigüidade. No suposto de que o dito persoal non permanecese na empresa un ano máis a partir da data de matrimonio, descontaráselle na liquidación que se lle practique a cantidade que percibise en concepto de dote.

Artigo 14º.-Licencias.

Sen perda de retribución ningunha, as empresas concederán licencias nos casos seguintes e coa seguinte duración.

-Matrimonio do traballador: 15 días.

-Enfermidade grave, intervención quirurxica ou morte do conxuxe, pais, fillos ou familiares ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade: 4 días.

-Alumbramento da esposa: 4 días.

-Boda de fillos, irmans, bautizos e primeiras comunións: 1 dia, si é dentro da provincia e 3 días si é fora dela.

-Traslado de domicilio habitual: 1 día.

- Libre disposición, non acumulable vacacións: 2 días.

Artigo 15º.-Excedencia.

O traballador cunha antigüidade na empresa polo menos dun ano, terá dereito a que se lle recoñeza a situación de excedencia voluntaria por un período máximo de cinco anos, sin que en ningún caso se poida producir tal situación nos contratos de duración determinada.

Reunirá o traballador as condicións seguintes:

A) Contar cunha antigüidade superior na empresa a un ano.

B) A excedencia terá unha duración mínima de seis meses e máxima de cinco anos, concedéndose polo tempo solicitado.

C) O traballador que desexe incorporarse ó seu posto de traballo notificarao á empresa cun mes de anticipación á data na que expire o prazo.

D) Perderá o dereito á incorporación ó seu posto de traballo todo aquel excedente que en tal período de tempo preste os seus servicios por conta allea en calquer posto de traballo, dentro do territorio nacional, en empresas comprendidas na ordenanza nacional de traballo de hostalería.

E) Se a empresa dese emprego a outro traballador para substituír ó excedente, aquel tería a condición de interino, causando baixa ó reincorporarse o substituído. Se este non se reincorporase no prazo e condicións sinaladas, cesaría definitivamente na empresa, adquirindo o interino a condición de fixo.

F) Os traballadores terán dereito a un período de excedencia non superior a tres anos para atende-lo coidado de cada fillo, a contado desde a data de nacemento deste. Os fillos sucesivos darán dereito a un novo período de excedencia que, no seu caso, poñería fin á que vira desfrutando. Cando a nai e o pai traballen, só un deles poderá exercer este dereito.

G) Así mesmo, poderán solicita-la situación de excedencia os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior e mentres dure o exercicio do seu mandato.

H) Para acollerse a outra excedencia voluntaria, o traballador terá que cubrir un novo período de, polo menos, catro anos de servicios efectivos na empresa.

I) A excedencia concederase sen dereito ningún a retribución, e o tempo que dure non será computable a ningún efecto.

A concesión outorgarase dentro do prazo dun mes a partir da data da súa petición.

Artigo 16º.-Servicio militar ou civil substitutorio.

Os traballadores cunha antigüedade mínima dun ano que se tiveran que incorporar ó servicio militar ou civil substitutorio, terán reservado o seu posto de traballo e deberán reintegrarse durante os dous meses seguintes á data do seu licenciamento.

Os traballadores que leven dous anos na empresa ou tres temporadas de veran ou inverno consecutivamente, terán dereito a percibir dúas gratificacións extraordinarias: unha no veran (xullo) e outra no inverno (decembro), da mesma contía que a que percibirián de atoparse en activo; estas gratificacións cobraranse con independencia das cantidades que os traballadores percibiron en concepto de liquidación das partes proporcionais das pagas extraordinarias, ó incorporarse ó servicio.

Artigo 17º.-Quebranto de moeda.

En concepto de quebrante de moeda nos establecementos clasificados de luxo, 1-A ; 1-B e 2 da ordenanza laboral, percibirán:

-No ano 1995:

O caixeiro xeral 2.331 ptas./mes; o caixeiro de hotel : 1.749, ptas./mes; e 1.749 ptas./mes os caixeiros de departamento.

-No ano 1996:

O caixeiro xeral 2.424 ptas./mes; o caixeiro de hotel: 1.819, ptas./mes; e 1.819 ptas./mes os caixeiros de departamento.

Artigo 18º.-servicios extraordinarios.

O persoal alleo á empresa que realice servicios extraordinarios percibirá as seguintes retribucións:

-Durante o ano 1995:

* Persoal de cociña:

Xefe de cociña: 9.280 ptas. por servicio.

Cociñeiro: 7.210 ptas. por servicio.

Axudante: 7.210 ptas. por servicio.

Fregadora: 7.210 ptas. por servicio.

* Persoal de comedor:

Xefe de comedor: 9.280 ptas. por servicio.

Camareiro: 7.210 ptas. por servicio.

Axudante: 7.210 ptas. por servicio.

Para o ano 1996, un aumento do 4%, sobre as retribucións do ano 1995.

* Persoal de cociña:

Xefe de cociña: 9.651 ptas. por servicio.

Cociñeiro: 7.498 ptas. por servicio.

Axudante: 7.498 ptas. por servicio.

Fregadora: 7.498 ptas. por servicio.

* Persoal de comedor:

Xefe de comedor: 9.651 ptas. por servicio.

Camareiro: 7.498 ptas. por servicio.

Axudante: 7.498 ptas. por servicio.

Cando o persoal extra realice a faena de montaxe, percibirá por ilo a cantidade de 558 ptas., durante o ano 1995; e 580 ptas. durante o ano 1996.

O servicio corrente de restaurante ou limoada será retribuído con 216 ptas. de soldo inicial e tanto por cento correspondente garantido 3.916 ptas. diarias durante o ano 1995.

O servicio corrinte de restaurante ou limoada será retribuido durante o ano 1996, con 225 ptas. de soldo inicial e tanto por cento correspondente garantido de 4.973 ptas. diarias.

Os servicios desta índole fóra da localidade sufrirán un aumento do 50% correspondente, e sendo a cargo da empresa os portes de desprazamento, manutención e aloxamento a que houber lugar.

Articulo 19º.-Enfermidade.

No caso de enfermidade ou accidente, as empresas incrementarán as prestacións á Seguridade Social ata o 100% do soldo garantido, máis a antigüidade, manutención e aloxamento, se é o caso.

Esta prestación manterase por un período máximo de doce meses.

Así mesmo, os períodos de enfermidade ou accidente de traballo non se terán en conta para deduci-lo período de vacacións.

Artigo 20º.-Premio de xubilación e auxilio de defunción.

No caso de falecemento do traballador ou traballadora concederáselle á viúva, viúvo ou fillos un auxilio de defunción na seguinte contía e forma:

-Por cinco anos de servicio: unha mensualidade.

-Por dez anos de servicio: dúas mensualidades.

-Por vinte anos de servicio: tres mensualidades.

-Por vintecinco anos de servicio: catro mensualidades.

Ó persoal que non leve os cinco anos de servicio na empresa pagaráselle á parte proporcional ó tempo traballado na contía de seis días por ano de servicio.

Ó producirse a xubilación dun traballador que leve, como mínimo, quince anos de servicio na empresa, percibirá dúas mensualidades, incrementadas en todos os emolumentos inherentes a ela, e unha mensualidade máis por cada cinco anos que exceda dos quince de referencia.

Artigo 21º.-Prazo de preaviso.

Os prazos de preaviso nos casos de cesamento voluntario dos traballadores serán os seguintes: xefe

de recepción, contable xeral, caixeiro, encargado do economato e bodega, encargado de traballo, xefe de cociña, primeiro conserxe de día, encargado xeral ou gobernanta, primeiros encargados de café, cafés-bares, bares americanos, salas de festa, así como os xefes de primeira e segunda categoría no grupo de casinos: 20 días.

Resto do persoal: 10 días.

O incumprimento deste prazo por parte dos traballadores dará lugar á perda do que poiderá corresponderlles polas partes proporcionais de xullo e nadal.

Artigo 22º.-Revisión das táboas salariais.

No primeiro ano de vixencia, no caso de que o índice de prezos ó consumo (IPC), estabelecido polo INE, rexistrase o 31 de decembro de 1995 fose superior ó 5%, efectuarase unha revisión salarial tan pronto se constate oficialmente a dita circunstancia, dun xeito automático, no exceso sobre a indicada cifra a partir do 1 de xaneiro de 1995, e para levalo a cabo tomaranse como referencia os salarios ou táboas salariais utilizadas para realiza-los aumentos pactados para o 1994.

Para o segundo ano de vixencia revisarase nos mesmos termos sempre que o IPC supere o 4% a 31 de decembro de 1996.

Artigo 23º.-Comisión de divisas.

O tanto por cento correspondente á dita comisión será repartido entre o persoal do departamento que efectuou os ditos cambios.

Artigo 24.-Día da patrona.

Os días 29 e 30 de xullo, festividade de Santa Marta, consideraranse festivos para os efectos laborais, con opción por parte da empresa para poder substituílos por pagamento en metálico co fin de mantelo seu normal funcionamento; a substitución en metálico será a que corresponda ó traballador polo seu salario garantido, máis antigüidade dunha xornada normal.

Artigo 25º.-Dereitos sindicais.

As garantías sindicais que no artigo 68 do Estatuto dos traballaodres se establecen para os membros do comité de empresa e delegados do persoal electos, esténdense ós candidatos a estes postos durante os seis meses seguintes de celebradas as eleccións ás que se presentaron na calidade ou condición de candidatos. Recoñecerase a existencia de seccións sindicais nas empresas de máis de 50 traballadores, así como dos delegados das seccións sindicais, que terán os mesmos dereitos e garantías que os membros do comité de empresa.

Os traballadores terán dereito a celebrar asembleas, con carácter ordinario, unha vez ó mes, fóra da xornada laboral e cunha duración dunha hora naquelas empresas que dispoñan dun espacio para o seu desenvolvemento, sen interrompe-la actividade do servicio. Nos demais dereitos estarase ó disposto na ordenanza laboral, Estatuto dos traba

lladores, Lei orgánica de liberdade sindical e demais normas complementarias.

Artigo 26º.-Póliza de seguro de accidente.

As empresas contratarán para todo o persoal afectado por este convenio un seguro de accidentes durante a prestación do traballo ou in itinere, de morte ou invalidez permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, pola cantidade de 2.500.000 ptas., para cada un dos casos mencionados anteriormente.

Artigo 27º.-Roupa de traballo.

Naquelas empresas onde se esixa uniformidade, esta facilitarán a todo o persoal un mínimo de dous uniformes anuais (inverno e verán), aboándolles unha cantidade en concepto de limpeza e mantemento; no caso de non ser obrigatorio o uso do uniforme facilitaráselle a tódolos traballadores roupa de traballo adecuada para as funcións que desempeñen.

Artigo 28º.-Recoñecementos médicos.

Realizaráselles unha revisión médica anual, o máis completa posible, e que inclirá análise, exploración radiolóxica, auditiva e visual a tódolos traballadores. Dos resultados da dita revisión médica entregaráselle copia ó traballador.

Artigo 29º.-Comisión mixta paritaria de vixilancia, interpretación e aplicación.

Para interpretación, aplicación, arbitraxe e vixilancia deste convenio, créase unha comisión paritaria integrada polos representantes dos sindicatos: CIG e CC.OO,; e os representantes das asociacións empresariais de hostelería da Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol.

A citada comisión está obrigada a reunirse cantas veces sexa necesario, sendo a súa sede nos locais da Asociación de Empresarios de Hostelería da Coruña, sita na r/ Novoa Santos números 6 e 8, 1º piso, actuando como secretario da comisión a efectos de comunicacións e citacións, o secretario xeral da asociación Luis Herrero, quedando facultado para convoca-lo pleno desta, que se reunirá en xunta ordinaria polo menos unha vez cada 6 meses, e no prazo improrrogable de 10 días a requirimento de calquera dos seus membros, ou ben por recibir comunicacións previstas no artigo 33 do convenio colectivo, sobre inaplicación do seu réxime salarial.

No caso de non comparecer algunha das partes (pese a estar notificada), para dictaminar sobre requirimento do mencionado artigo 33, será válida a resolución dictada pola maioría dos membros asistentes, continuando os trámites do mencionado artigo, ata a resolución definitiva, que será comunicada ó requirente no prazo máximo fixado.

Artigo 30º.-Resolución de conflictos.

As partes asiantes do presente convenio, adecuándose ó establecido na recomendación número 92 da OIT e no seu artigo nº 6 da Carta Social Europea, sobre conciliación, mediación e arbitraxe voluntaria,

acordan no caso de conflictos non individuais xurdidos como consecuencia da aplicación e interpretación deste convenio colectivo, someterse ós procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo establecidos no Acordo Interprofesional Galego (AGA), subscrito entre a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), e as centrais sindicais Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO.); Unión Xeral de Traballadores (UXT), e a Confederación Intersindical Galega (CIG), nos propios termos que nos que nel están formulados.

Este procedemento utilizarase tamén nas discrepancias xurdidas pola aplicación dos artigos 40.2º-41.4º e 51 do texto refundido do Estatuto dos traballadores.

Artigo 31º.-Adscrición á ordenanza laboral.

A ordenanza laboral pasa a formar parte integrante do convenio mentres non sexa substituído por un acordo marco a nivel provincial ou galego, que a substitúa, ou por acordo marco de carácter estatal naqueles aspectos reservados pola lexislación vixente para este marco.

Artigo 32º.-Horas extraordinarias.

Cada hora de traballo que se realice sobre a duración máxima da semana ordinaria de traballo aboarase cun incremento que nunca será inferior ó 75% sobre o salario que corresponda a cada hora ordinaria, podendo compensarse en tempo de descanso equivalente, é dicir, cada hora de traballo equivalente a 1.75 horas de descanso, sendo a opción de cobrala ou descansala en todo caso do traballador, así como a acumulación por semanas ou meses.

Artigo 33.-Claúsula de desvinvulación.

Cando unha empresa ou sociedade nas incluídas no ámbito de aplicación deste convenio, pretenda a inaplicación do nivel retributivo establecido nel, deberá proceder do seguinte xeito:

1. A empresa ou sociedade interesada na inaplicación deberá remitir á comisión paritaria do convenio a documentación que estime pertienente, xunto co escrito formulando o seu propósito, no prazo improrrogable de quince días a aprtir da súa publicación no boletín oficial.

2. A comisión paritaria disporá do termo dun mes para resolver; no caso de que non se contestara no prazo previsto, entenderase como resolución afirmativa. Dentro deste tempo, escoitará á representación dos traballadores da empresa solicitante, ós sindicatos participantes na mesa negociadora, así como ós representantes da empresa solicitante.

3. Será requisito necesario para instar a obte-la inaplicación do nivel retributivo do convenio, estar ó día no aboamento do mesmo ata a data de resolución da comisión paritaria.

4. Así mesmo, a empresa debe dar conta da situación de inestabilidade nos exercicios anteriores e demostrar verdadeiramente que no caso de aplicalo réxime salarial pactado no convenio tería que pro

ceder ás medidas de extinción e suspensión de contratos, en calquera caso, a empresa debe precisa-las circuntancias económicas que xustifiquen a súa solicitude e achega-la documentación económica e financeira necesaria co fin da súa fiscalización sindical.

5. No caso de estimar fundada a solicitude, a comisión paritaria establecerá o incremento salarial aplicable na empresa ou sociedade afectada, quedando inalterado o establecido neste convenio respecto do réxime salarial e a súa estructura.

En todo caso, o beneficio da inaplicación só se entende ata o remate do primeiro período de vixencia establecido para o nivel retributivo vixente no momento da solicitude. Os incrementos posteriores aplicaranse sobre o salario que correspondera de non se ter aplicado o descolgamento, e non sobre o salario descolgado.

l7. A comisión paritaria estenderá copia que dea fe da súa resolución, remitindo exemplares dela á representación da empresa, ós traballadores e traballadoras na mesma, e ós sindicatos que compareceron no trámite.

8. A comisión paritaria poderá estar asistida dos asesores que considere necesarios.

Artigo 34º.-Formación profesional e continua.

As partes asinantes do presente convenio valoran a importancia que adquire a formación profesional dos traballadores e traballadoras para a mellora da competitividade e, no espírito acadado polos sindicatos e as organizacións empresariais, comprométense a formentala.

Disposición adicional

As partes asinantes comporométense a constituír unha comisión técnica de carácter paritario, que iniciará o seu funcionamento o día 15 de xaneiro de 1996, nos locais da asociación de empresarios de hostelería de Santiago de Compostela ás 17.30 horas, co obxecto de estudia-los temas que a continuación se relacionan:

A) Articular nun só convenio colectivo os catro provinciais existentes na Comunidade Autónoma galega.

B) Substituí-la vixente ordenanza laboral no territorio da Comunidade Autónoma por un convenio marco de eficacia xeral.

C) A comisión poderá recorrer ó Consello Galego de Relacións Laborais e ós mecanismos previstos no AGA, se o considerase proveitoso para cumpri-los fins para os que se crea.

As partes comprométense a presentar nas comisións negociadoras provincias de 1996 os traballos realizados, e se é o caso, formar parte dunha mesa de negociación a nivel da Comunidade Autónoma, así como facelas xestións necesarias diante dos organismos competentes para levar a bo fin os obxectivos previstos.

674