Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 1996 Páx. 1.494

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 146-1/1995).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008, A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Xaviña.

Situación: Coristanco.

Características técnicas:

-Liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 907 m de lonxitude, con orixe na liña Vilares-Neaño (Expte. 14439) de Electra del Jallas e remate no C.T que se vai instalar en Xaviña.

-Centro de transformación aéreo, de 160 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Xaviña, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor RZ de 1.149 m de lonxitude. Coristanco.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 17 de xaneiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-1053