Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 1996 Páx. 1.494

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 198-1/1995).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008, A Coruña.

Denominación: L.M.T. Subt. e C.T. tipo superficie en Campo da Feira.

Situación: Carballo.

Características técnicas:

-Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, en dobre circuíto, baixo tubo e con conductor RHV de 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al, de 120 m de lonxitude, con orixe na liña Campo da Feira-Igrexario (Expte. 30843) e remate en C.T. que se vai instalar nomeado Campo da Feira.

-Centro de transformación, tipo interior, de 1000 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Campo da Feira. Carballo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 18 de xaneiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-1054