Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 1996 Páx. 1.494

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 145-1/1995).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008, A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Edrosa.

Situación: Ortigueira.

Características técnicas:

-Derivada de liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, con conductor LA-56, de 28 m de lonxitude, con orixe na liña Sta. Mariña-Mañón e remate en C.T. Edrosa.

-Centro de transformación aéreo, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Edrosa, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 871 m de lonxitude. Ortigueira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 17 de xaneiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-1052