Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 1996 Páx. 1.486

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO PENAL NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (270/1995).

En virtude do acordado en resolución do día de hoxe dictada no procedemento abreviado número 270/1995, dirixo a presente cédula co fin de que se proceda á súa inserción e publicación no Diario Oficial de Galicia, da sentencia que ten o encabezamento e decisión que copiado literalmente di como segue:

«No procedemento abreviado número 270/1995, dimanante do procedemento abreviado número

27/1995, instruído polo Xulgado de Instrucción número un desta cidade, polo delicto de utilización ilexítima de vehículo de motor alleo, contra o acusado: Arturo Ramos Iglesias, nacido o 16 de setembro de 1950, fillo de Manuel e Purificación, natural e veciño do Pino, con domicilio en Gonzar-O Pino, sen antecedentes penais, a solvencia do cal non consta e en liberdade provisional por esta causa, defendido polo letrado García Seara e representado pola procuradora Goimil Martínez, sendo parte o ministerio fiscal.

Decido que debo condenar e condeno a Arturo Ramos Iglesias, como autor dun delicto de utilización ilexítima de vehículo de motor alleo, sen a concorrencia de circunstancias modificativas, á pena de seis meses de arresto maior, con suspensión de todo cargo público e dereito de sufraxio durante a condena, e privación do permiso de conducir ou da facultade de obtelo polo tempo de dous anos, e custas. Así mesmo, indemnizará a Julio José Arbolea Vilanova no importe dos danos ocasionados ó vehículo que se determinen na execución.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes prevíndoas de que contra ela poderán interpor perante este xulgado recurso de apelación no prazo de dez días. Unha vez firme participaráselle ó Rexistro Central de Penados e Rebeldes para os efectos oportunos.

Así por esta miña sentencia da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación ó condenado Arturo Ramos Iglesias, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o dezasete de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

1246