Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 1996 Páx. 1.486

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ARZÚA

EDICTO (232/95-A).

José Manuel Silvosa Tallón, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa.

Dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo de faltas número 202/1995 se dictou sentencia, que ten como encabezado e resolución o seguinte:

«Sentencia. En Arzúa o quince de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

Eva María Doval Lorente, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción desta vila e o seu partido, viu os presentes autos de xuízo de faltas número 232/95-A, no que son parte como prexudicada María Mercedes Seijo Varela, maior de idade, veciña de Melide, con domicilio en Santa María; como denunciado, José Manuel Rico Rodil, maior de idade, veciño de Melide e con igual domicilio que o anterior.

Resolvo que debo condenar e condeno a José Manuel Rico Rodil como autor responsable dunha falta de ameazas, xa definida, á pena de cinco días de arrestro menor e ó pagamento das custas procesuais.

Notifíquese a presente resolución ó Ministerio Fiscal e ás partes interveñentes neste.

A presente sentencia non é firme e contra ela cabe recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, a cal deberá ser formulada por escrito e debidamente fundamentada.

Así, por esta miña sentencia, xulgando en primeira instancia, e da que se unirá certificación literal ós autos, pronúncio, mándoo e asínoo».

E para que así conste e lle sirva de notificación en legal forma ó denunciado José Manuel Rico Rodil, na actualidade en ignorado paradoiro, expido, selo e asino o presente edicto en Arzúa o vintedous de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

560