Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 1996 Páx. 1.487

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 1996 pola que se convoca a contratación dunha asistencia técnica para a organización de oferta de emprego público do ano 1995, polo sistema de concurso por procedemento aberto, con trámite de urxencia.

Obxecto: contratación dunha asistencia técnica para a organización da oferta de emprego público

do ano 1995, polo sistema de concurso por procedemento aberto, con trámite de urxencia.

Prazo de execución: virá determinado polo calendario que a Administración estableza para o desenvolvemento do proceso selectivo.

Presupuesto: 20.000.000 de pesetas.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá solicitarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposiciones, sita no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta en Santiago de Compostela.

Fianza provisional: 400.000 pesetas.

Fianza definitiva: 800.000 pesetas.

Modelo de proposicións: o que figura na claúsula 9.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela. O prazo de admisión terminará ás catorce horas do día en que se cumpran 13 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edidificio central de San Caetano), ás doce horas do terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o día así sinalado fose sábado, efectuarase esta o primeiro día hábil seguinte.

O importe deste anuncio será por conta do adcudicatario, que o deberá aboar con antelación a sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 1996.

P.D.(Orde 13-12-93)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Conselleria da Presidencia e Administración Pública

1008