Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 1996 Páx. 1.459

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1996, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se fai pública a clasificación do monte Costa de Xurenzás a favor dos veciños dos pobos de Xurenzás e Destro de Xurenzás, da parroquia de Xurenzás, concello de Boborás (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, na sesión celebrada o día catro de outubro de mil novecentos noventa e cinco, adoptou o acordo que ten unha parte dispositiva do seguinte teor literal:

Primeiro.

Clasifica-lo monte denominado Costa de Xurenzás (que abarca ós chamados Campo da Vaca, Alén, Castro, Minanova, Fonte de Moldes e Val de Prado ) no concello de Boborás (Ourense), de trinta e unha hectáreas de superficie aproxima-damente, a favor dos veciños dos pobos de Xurenzás e Destro de Xurenzás, da parroquia de Xurenzás, no concello de Boborás(Ourense), e cos lindeiros descritos no apartado IV dos antecedentes de feito, como veciñal en man común, en réxime de comunidade xermánica.

Segundo.

Que se proceda á exclusión do citado monte de calquera inventario, catálogo ou rexistro público no que poidan figurar inscritos a favor de persoa ou entidade distinta á que agora se lle asigna a súa pertenza.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso administrativo, logo de comunicación á que se refire o artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de dous meses perante a Sala do Contenciso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

O que por orde do presidente se fai público no Diario Oficial de Galicia, para xeral coñecemento.

Ourense, 16 de xaneiro de 1996.

José Manuel Baltar Blanco

Secretario do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense