Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 1996 Páx. 1.459

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 29 de decembro de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifican as incoacións dos expedientes sancionadores coas referencias 34-A/95 M, 34-B/95 M, 34-C/95 M, 34-D/95 M, 34-F/95 M (montes-Ourense).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que nos anexos se mencionan a incoación de expediente sancionador por presuntas infraccións á Lei de montes do 8 de xuño de 1957 e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 485/1962, do 22 de febreiro.

Noméase instructor dos expedientes a José Manuel Baltar Blanco, funcionario desta delegación; o réxime de recusación é o establecido no artigo 28 da Lei 3/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Progreso nº 161, entrechán, e formula-las alegacións e achega-los documentos que consideren convenientes na súa defensa.

De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme ó establecido no artigo 13.2º do regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 29 de decembro de 1995.

Jacobo Gómez Orellana Rodríguez

Delegado provincial de Ourense

ANEXO I:

–Expediente: 34–A/95 M

–Denunciado: Antonio Seijas Fraga.

–Último enderezo coñecido: Carballo, Milmanda,

Celanova–Ourense

–Feito denunciado: corta sen autorización/coñece-mento

de 6 pés de chopo e 6 pés de aliso.

–Precepto infrinxido e sancionador: Art. 432.1º do

Regulamento da Lei de montes, aprobado polo

Decreto 485/1962.

–Sanción : 68.000 pesetas.

ANEXO II:

–Expediente: 34–B /95 M

–Denunciado: Antonio Seijas Fraga.

–Último enderezo coñecido: Carballo, Milmanda,

Celanova–Ourense.

–Feito denunciado: corta sen autorización/coñece-mento

de 3 pés de castiñeiro.

–Precepto infrinxido e sancionador: Art. 432.1º do

Regulamento da Lei de montes, aprobado polo

Decreto 485/1962.

–Sanción : 92.000 pesetas.

ANEXO III:

–Expediente: 34–C/95 M

–Denunciado: Antonio Seijas Fraga.

–Último enderezo coñecido: Carballo, Milmanda,

Celanova–Ourense.

–Feito denunciado: corta sen autorización/coñece-mento

de 2 chopos, 2 ameiros, 1 carballo, 1 nogueira

e 1 castiñeiro.

–Precepto infrinxido e sancionador: Art. 432.1º do

Regulamento da Lei de montes, aprobado polo

Decreto 485/1962.

–Sanción : 34.000 pesetas.

ANEXO IV:

–Expediente: 34 D/95 M

–Denunciado: Antonio Seijas Fraga.

–Último enderezo coñecido: Carballo, Milmanda,

Celanova–Ourense.

–Feito denunciado: corta sen autorización/coñece-mento

de 7 pés de carballo e 3 pés de bidueiro.

–Precepto infrinxido e sancionador: Art. 432.1º do

Regulamento da Lei de montes, aprobado polo

Decreto 485/1962.

–Sanción : 20.000 pesetas.

ANEXO V:

–Expediente: 34 –F/95 M

–Denunciado: Antonio Seijas Fraga

–Último enderezo coñecido: Carballo–Milmanda,

Celanova–Ourense

–Feito denunciado: corta sen autorización/coñece-mento

de 3 carballos, e 2 pés de bidueiros.

–Precepto infirnxido e sancionador: Art. 432.1º do

Regulamento da Lei de montes, aprobado polo

Decreto 485/1962.

–Sanción : 10.000 pesetas.

0853