Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 1996 Páx. 1.456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 26 de xaneiro de 1996, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se publica relación daquelas persoas que deberán achega-la documentación requirida polo Servicio de Inspección Tributaria para ultima-la tramitación dos expedientes de referencia (López de Vega e dous máis).

Pola presente cédula notifícase, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, relación das persoas cos datos e último domicilio coñecido que se sinala, para que procedan a achega-los documentos requiridos polo Servicio de Inspección Tributaria.

Co fin de ultima-la tramitación dos expedientes que se citan, deberán no prazo de 15 días contados a partir do seguinte ó da súa publicación xunta-la documentación enumerada. Transcorrido este sen que se cumpra co trámite, procederemos a incoárlle-la oportuna acta de inspección tributaria.

ContribuínteEnderezoDocumentación e expte.

López de Vega,

Enrique

Juan Sebastián BDA

30, 5º pta.1

Barcelona

Declaración renda, patrimonio tres exercicios antes data falecemento. Certificados bancarios de depósito en metálico e valores a data do falecemento. (Expte. 797/92).

Orge Pérez,

Delfina

Vía Norte, 27 3ºI

Vigo

DNI.

Declaracións correspondentes impostos.

Certificados bancarios de depósito en metálico e valor a data do falecemento.

Copia testamento.

Nome, DNI, enderezos herdeiros.

Relación bens propios.

Declaración tres últimos exercicios sobre renda. (Expte. 811/1991).

Torres González,

J. Carlos

Baixada Capitán, 18

Lavadores (Vigo)

DNI

Declaracións sobre impostos.

Declaracións imposto renda.

Factura vehículos de motor.

Xustificantes pagamento de vehículos.

Vigo, 26 de xaneiro de 1996.

Pedro Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

1210