En cumprimento e para os efectos do establecido polo artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise público por resolución desta Secretaría Xeral e do Patrimonio, adoptada en virtude da delegción de atribución realizada pola Orde do 13 de decembro de 1993, as adxudicacións do concurso público das contratacións dos servicios de mediación e asesoramento de seguros privados da Comunidade Autónoma de Galicia.
Lote I: riscos patrimoniais (continente e contido) de tódolos bens inmobles e mobles que integran o patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, excepción feita dos inmobles en algueiro así como a posesión dos cales ostente por calquera título.
Adxudicatario: Gil y Carbajal, S.A..
Lote II: Riscos derivados de responsabilidade civil en que poida incorre-la Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e os seus organismos autónomos xa sexa en razón dos seus bens, pola súa actividade ou calquera outra circunstancia relevante.
Adxudicatario: Alexander & Alexander Spain Coredores de Seguros Alfa, S.L. (UTE).
Lote III: riscos persoais referidos a accidente de vida.
Adxudicatario: Alexander & Alexander Spain Coredores de Seguros Alfa, S.L. (UTE).
Lote IV: riscos patrimoniais, persoais e de responsabilidade civil derivados do uso de vehículos de motor (automóbiles, embarcacións, etxc.).
Adxudicatario: Cobian y Cobian Corredores y Asesores de Seguros, S.L. Marsh & Maclemas España, S.A. (UTE).
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 1996.
P.D. (Orde 13-12-1993)
Emilio Álvarez Rey
Secretario xeral e do Patrimonio
907