En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega e 55 do seu regulamento,
e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 117/1994, do 4 de marzo,
RESOLVO:
Facer público que, por razón das peculiaridades do inmoble, se xustifíca, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro dun inmoble sito na rúa María Berdiales, nº 20 baixo, de Vigo, para a instalación de dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.
Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 1996.
Emilio Álvarez Rey
Secretario xeral e do Patrimonio
906