Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 1996 Páx. 1.456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 1996 pola que se anuncia a poxa polo procedemento aberto, trámite de urxencia, das obras que se citan (clave CC/LU/95.4 e dúas máis).

A) Obras.

1.-Mellora e reparación de camiños rurais na mancomunidade da Terra Cha. Lugo.

Clave: CC/LU/95.4

Orzamento: cincuenta millóns de pesetas (50.000.000).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

Garantía provisional: 1.000.000

2.-Afirmado e apertura de camiños e pistas municipais. T.M: Salvaterra do Miño.

Clave: CC/PO/96.1

Orzamento: trinta e un millóns novecentas oitenta e catro mil cincocentas corenta e dúas pesetas (31.984.542).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

Garantía provisional: 639.691

3.-Pavimentación nos nucleos do Cañizo e A Barxa.

Clave: CC/OU/95.1

Orzamento: trinta e dous millóns cento catro mil oitenta e seis pesetas (32.104.086).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

Garantía provisional: 642.082

(Declaradas urxentes segundo ó establecido no artigo 72 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto estará de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta o prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicions realizaraa a mesa de contratación ás once horas do décimo día natural que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

1211