Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 1996 Páx. 1.416

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 1996 pola que se anuncia a licitación do concurso polo procedemento aberto, tramitación urxente, das asistencias técnicas que se citan (clave N/LU/91.7 e tres máis).

A) Asistencia técnica.

1. Asistencia técnica para control e vixilancia da obra de acondicionamento da LU-122. Treito: Paraxes-Bretoña.

Clave: N/LU/91.7.

Orzamento: quince millóns oitocentas cincuenta e oito mil trinta e cinco pesetas (15.858.035).

Prazo de execución: 16 meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría a.

2. Asistencia técnica para control e vixilancia da obra: acondicionamento da AC-441. Treito: Berdoias-Baíñas.

Clave: N/AC/91.12.1.

Orzamento: quince millóns oitocentas cincuenta e oito mil trinta e cinco pesetas (15.858.035).

Prazo de execución: 16 meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría a.

3. Asistencia técnica ás expropiacións das obras de acondicionamento da C-531. Treito: Celanova-Cortegada (Fase I).

Clave: N/OU/90.6.1.

Orzamento: cinco millóns oitocentas cincuenta e cinco mil seiscentas cincuenta e sete pesetas (5.855.657).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: non se esixe.

4. Asistencia técnica para a redacción do proxecto de acondicionamento da LU-111. Treito: Rábade-Cospeito.

Clave: N/LU/91.10.

Orzamento: quince millóns trescentas cincuenta mil setecentas trinta e oito pesetas (15.350.738).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría b.

(Declaradas urxentes segundo o establecido no artigo 72 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores: esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata. Dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición: proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións: as proposicións haberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións: a apertura das proposicións será realizada pola Mesa de Contratación ás once horas do décimo día natural que no coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

0903