Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 1996 Páx. 1.417

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA de notificación do 25 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, das providencias de apertura dos expedientes sancionadores de caza que se citan, devoltos polo servicio de correos ó resultaren descoñecidos os seus destinatarios. (Expediente número 63/1994C e seis máis).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4ª da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (L.R.X.A.P.) notifícaselles ós denunciados cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalarán de seguido, as incoacións dos correspondentes expedientes sancionadores acordadas polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense, por presuntas infraccións da Lei de caza 1/1970, do 4 de abril (BOE do 6 de abril) e do seu regulamento, Decreto 506/1971, do 25 de marzo (BOE do 30 de marzo). Así mesmo, designo instructora dos expedientes a María Rosa Rodríguez Cougir quen poderá ser obxecto de recusación en calquera momento da tramitación dos expedientes, cando concorra calquera dos supostos determinados nos artigos 28 e 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Os denunciados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Progreso nº 161, entrechán e presenta-los descargos e documentos que consideren convenientes na súa defensa.

De non presentar alegación no prazo fixado e, consonte o Art. 13 do Regulamento 1398/1993, do 4

de agosto, de procedemento para o exercicio da postestade sancionadora, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución para tódolos efectos.

Este órgano administrativo acordará a terminación do procedemento no suposto de que o interesado recoñeza a súa responsabilidade nos cargos que se lle imputan e proceda, en calquera momento anterior á resolución do procedemento e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas oficinas desta delegación provincial ou en calquera outra dependente da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, ó pagamento voluntario da sanción que en cada caso corresponda. Todo iso sen prexuízo da posibilidade que asiste a cada expedientado de formula-los recursos que establece a lexislación aplicable e vixente, e consonte o establecido no Art. 8 do citado regulamento.

O órgano competente para resolve-los sinalados procedementos, por razón de contía, será o delegado provincial da Consellería de Agricultura Gandería e Montes en Ourense, segundo o Art. 12.3º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no Decreto 5/1987, do 14 de xaneiro, da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Ourense, 25 de xaneiro de 1996.

Jacobo Gómez-Orellana Rodríguez

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Nº expediente: 63/1994C.

Nome e apelidos do denunciado: Juan Carlos Meijide Rial.

Último enderezo coñecido: r/ Estanislao Núñez, 47-1º Esqda. (Vigo).

Feito denunciado: cazar en época de veda empregando redes.

Precepto infrinxido e sancionador: Art. 48.1º.18 e 48.3º.18 da Lei 1/1970 de caza.

Sanción proposta: 10.500 ptas.

Instructora: Mª Rosa Rodríguez Cougil.

Nº expediente: 64/1994C.

Nome e apelidos do denunciado: Manuel Rodríguez Conde.

Último enderezo coñecido: Caldas de Reis, 1-5º B (Vigo).

Feito denunciado: cazar en época de veda empregando redes.

Precepto infrinxido e sancionador: Art. 48.1º.18 e 48.3º.18 da Lei 1/1970 de caza.

Sanción proposta: 10.500 ptas.

Instructora: Mª Rosa Rodríguez Cougil.

Nº expediente: 67/1994C.

Nome e apelidos do denunciado: Nicanor Pérez Conde.

Último enderezo coñecido: r/ Pego Meogo, 4-2º D (Ourense).

Feito denunciado: empregar cans con fins cinexéticos en lugar non autorizado.

Precepto infrinxido e sancionador: Art. 48.2º.25 da Lei 1/1970 de caza.

Sanción proposta: 3.500 ptas.

Instructora: Mª Rosa Rodríguez Cougil.

Nº expediente: 100/1994C.

Nome e apelidos do denunciado: Arturo Marez Cordeiro.

Último enderezo coñecido: Avda. Bnos. Aires, 150-3º D (Ourense).

Feito denunciado: cazar en época de veda empregando métodos prohibidos.

Precepto infrinxido e sancionador: Art. 48.1º.18 e 48.2º.14 da Lei 1/1970 de caza.

Sanción proposta: 8.500 ptas.

Instructora: Mª Rosa Rodríguez Cougil.

Nº expediente: 74/1994C.

Nome e apelidos do denunciado: Arturo Ojea Fernández.

Último enderezo coñecido: Lugar Rosen-Rairiz de Veita (Ourense).

Feito denunciado: solicitar licencia de caza sen ter pagada unha sanción anterior.

Precepto infrinxido e sancionador: Art. 48.1º.27 da Lei 1/1970 de caza.

Sanción proposta: 5.000 ptas.

Instructora: Mª Rosa Rodríguez Cougil.

Nº expediente: 147/1994C.

Nome e apelidos do denunciado: Antonio Pérez Gómez.

Último enderezo coñecido: Armariz-Nogueira de Ramuín (Ourense).

Feito denunciado: cazar sen permiso de couto.

Precepto infrinxido e sancionador: Art. 48.1º.8 da Lei 1/1970 de caza.

Sanción proposta: 5.000 ptas.

Instructora: Mª Rosa Rodríguez Cougil.

Nº expediente: 148/1994C.

Nome e apelidos do denunciado: Vicente Arias Calvo.

Último enderezo coñecido: Casayo, s/n, Carballeda de Valdeorras (Ourense).

Feito denunciado: cazar carecendo do seguro obrigatorio do cazador.

Precepto infrinxido e sancionador: Art. 48.3º.53 da Lei 1/1970 de caza.

Sanción proposta: 2.000 ptas.

Instructora: Mª Rosa Rodríguez Cougil.

0899