Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 1996 Páx. 1.416

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 1996, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se anuncia a licitación do concurso de proxecto e construcción da Estación de Autobuses de terceiro nivel en Cangas (Pontevedra).

A Dirección Xeral de Transportes, de conformidade coa Resolución do 12-2-1996, da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda, anuncia o seguinte concurso:

1.-Obxeto: concurso de proxecto e construcción da estación de autobuses de terceiro nivel en Cangas (Pontevedra).

2.-Orzamento: 35.000.000 de ptas.

3.-Prazo: 3 meses.

4.-Documentos de interés para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas, estarán de manifesto e a disposición dos concursantes para o seu examen nos servicios centrais da Dirección Xeral de Transportes, e nas delegacións provinciais da Consellería de Política Territorrial, Obras Públicas e Vivenda, durante o prazo de presentación de proposicións, tódolos días laborais, agás sábados, durante as horas hábiles de oficina.

5.-Modelo de proposición: proposición económica, formulada estrictamente conforme o modelo que se achega no anexo número 1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6.-Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser entregadas en man, no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda, desde as 9 h as 14 h ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta, mediante télex ou telegrama, no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado redactado polo Real decreto 2528/1986, do 28 de novembro.

7.-Plazo de presentación: será de vinteseis (26) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

8.-Clasificación necesaria: a clasificación requirida será : grupo C completo, categoría D.

9.-Apertura de proposicións:

9.1.-Lugar: na sala de xuntas da Dirección Xeral de Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Praza de Europa, 5-A (2º andar)-Área Central- As Fontiñas-Santiago de Compostela.

9.2.-Día e hora: as 11 horas do quinto día natural, que non sexa sábado, seguinte á data do termo do prazo de presentación de proposicións.

10.-Documentos que deben presentar os licitadores: os que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares, segundo as circunstancias de cada licitador, significándose que deberá acompañarse na documentación xeral (sobre nº 1º) o certificado de clasificación definitiva ou copia autenticada, se é o caso, para cada solución que se presente nos grupos, subgrupos e categorías adecuadas de acordo co proxecto, prazo e importe de cada proposición.

11.-Será por conta do adxudicatario o gasto ocasionado pola inserción da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 1996.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

1168