Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 1996 Páx. 1.415

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1996 pola que se declara deserto, por falta de licitadores, e se convoca de novo, a contratación de traballos específicos e concretos non habituais para a redacción de proxectos de construcción de centros de exposición permanente de recursos comarcais para as localidades do Carballiño, Celanova, A Estrada e A Cañiza, polo sistema de concurso por procedemento aberto.

Transcorrido o prazo de admisión de proposicións para a contratación de traballos específicos e concretos, non habituais, de redacción de proxectos, convocado por Resolución con data 29 de decembro de 1995, no DOG número 248, sen que existan ofertas presentadas, procede convocar un novo procedemento de contratación, de acordo coas especificacións seguintes:

1.-Obxecto: contratación de traballos específicos e concretos non habituais para a redacción de proxectos de construcción de centros de exposición permanente de recursos comarcais para as localidades do Carballiño, Celanova, A Estrada e A Cañiza.

2.-Prazo de execución: tres meses.

3.-Orzamento: 12.000.000 de pesetas.

4.-Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta, en Santiago de Compostela.

As copias da documentación poderán solicitarse en Tórculo Artes Gráficas, S.L., r/ Rosalía de Castro, 51, baixo, Santiago de Compostela (15703), teléfono (981) 59 78 55, mediante aboamento do seu importe.

5.-Fianza provisional: non se esixe.

6.-Fianza definitiva: non se esixe.

7.-Modelo de proposición: a proposición axustarase estrictamente ó modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

8.-Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situada na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do día en que se cumpran 60 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

9.-Apertura de proposcións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), ás doce horas do terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o día así sinalado fose sábado, efectuarase esta o primeiro día hábil seguinte.

O importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario, que o deberá aboar con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 1996.

P.D.(Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

1166