Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 1996 Páx. 1.414

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (146/1995).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela.

Dou fe de que nos autos a que se faga mención se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din:

«En Santiago de Compostela o catorce de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

En nome de El Rei.

Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade pronunciou a seguinte.

Sentencia.-No xuízo de faltas número 146/1995, dimanante do procedemento seguido por agresión e resistencia á autoridade, no que foron parte, ademais do Ministerio Fiscal, os policías nacionais, con carné profesional nº 34.498 e 61.709, como denunciantes, e como denunciado Hernán Alejandro Landaveri Urquizo, que se atopa en paradoiro descoñecido.

Resolvo.-Que debo condenar e condeno a Hernán Alejandro Landaveri Urquizo, como autor dunha falta de ofensas a axentes da autoridade do artigo 570, parágrafo 2º do Código Penal á pena de cinco mil pesetas de multa cun día de arresto substitutorio en caso de non pagamento, e doutras faltas de malos tratos, do artigo 582 parágrafo 2º do Código penal, con pena de dous días de arresto menor por cada unha delas.

Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación perante o xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días; quedando durante este período as actuacións en secretaría a disposición das partes. (O recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal), e daque se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoa e asínoa».

De conformidade co disposto no artigo 248 da Lei orgánica do poder xudicial do 1 de xullo de 1985, contra a presente resolución poderán as partes interpoñer recurso de apelación para ante o xulgado de instrucción, dentro de cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, para que lle sirva de notificación a Hernán Alejandro Landaveri Urquizo, actualmente en paradoiro descoñecido, expido e asino este testemuño, en Santiago de Compostela o dezaoito de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario xudicial

Rubricado

347