Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 1996 Páx. 1.414

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (248/1995).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido.

Fai saber: que neste xulgado se tramita xuízo de faltas número 248/1995, por instancia de María Mercedes Ramos Muras contra Adolfo Lodeiro Remeser, nas actuacións do cal se dictou sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«Sentencia.-Na cidade de Santiago de Compostela o catorce de decembro de mil novecentos noventa e cinco, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, despois de ver no xuízo oral e público o expediente de xuízo de faltas número 248/1995, sobre lesións, no que foron partes como denunciante María Mercedes Ramón Muras e como denunciado Adolfo Lodeiro Rosemar, de quen as circunstancias persoais constan en autos e o Ministerio Fiscal, pronuncia a seguinte sentencia:

Resolvo que debo absolver e absolvo libremente a Adolfo Lodeiro Rosemar da falta pola que se denunciou neste procedemento, e declaro de oficio as custas procesuais causadas na primeira instancia.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de apelación por escrito, presentado perante este xulgado no prazo de cinco días, contados a partir da súa notificación na forma e cos requisitos que establece o Art. 795 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará testemuño literal ós autos da súa razón, quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación a María Mercedes Ramos Muras, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o dezaoito de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

0592