Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 1996 Páx. 1.414

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación e requirimento (473/1990).

Nos autos de xuízo de cognición 473/1990, seguido por instancia do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, contra Jesús Pereiro Lojo, dictouse a seguinte providencia do maxistrado-xuíz Pantín Reigada.

«Santiago de Compostela o catorce de decembro de mil novecentos noventa y cinco.

Dada conta, únase ós autos da sús razón o escrito presentado e sendo firme a sentencia dictada, tense por instada a vía de constrinximento, e para tal fin designouse para taxación dos bens embargados a Benigno Amor Rodríguez, dándose traslado do seu nomeamento á parte demandada para que no prazo de dous días nomee outro pola súa parte, apercibíndoa de dala por conforme co designado pola parte demandante. Requírase ó demandado para que no prazo de seis días presente neste xulgado os títulos de propiedade dos predios embargados, apercibíndoo de suplilas pola súa conta polas certificacións do rexistro. Expídase mandamento ó Rexistro da Propiedade de Negreira, co fin de que expida e remita a este xulgado certificación na que consten as hipotecas, censos e gravames a que estean afectos os predios ou acharse libres de cargas. Expídase edicto para notificación e requirimento do demandado no Diario Oficial de Galicia.

Mándao e asínao S.Sª e dou fe.

Perante min».

E para que conste e sirva de notificación e requirimento ó demandado Jesús Pereiro Lojo mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia expido a presente cédula que asino e selo en Santiago de Compostela o catorce de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

0660