Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 1996 Páx. 1.392

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficiald e Galicia do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Colaboraciones Técnicas Eléctricas, S.A. (Cotelsa).

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Colaboraciones Técnicas Eléctricas, S.A. (Cotelsa) (Código 2700222), da provincia de Lugo, asinado o día 16 de outubro de 1995, pola representación da mencionada empresa e a de seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90, apartados 2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mencionado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Lugo, 6 de novembro de 1995.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo da empresa Colaboracións Técnicas Eléctricas, S.A., (Cotelsa), para o seu centro de traballo de San Cibrao (Lugo).

Capítulo I

Ámbito de aplicación

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio colectivo regula as condicións de traballo entre a empresa Cotelsa e o seu persoal do centro de traballo de San Cibrao (Lugo).

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Afecta este convenio a tódolos traballadores da empresa que prestan os seus servicios na actualidade no centro de traballo de San Cibrao (Lugo), así como ós que ingresen nel durante a súa vixencia, xa sexa por traslado doutros centros ou por contratación directa, con excepción do persoal considerado como «fóra de convenio».

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

O presente convenio subscríbese por dous anos, con vixencia desde o día un de xaneiro de mil novecentos

noventa e cinco ata o trinta e un de decembro de mil novecentos noventa e seis.

Extinguido o prazo de vixencia, entenderase denunciado polas partes na forma que establece a lei. O comité de empresa presentaralle a esta un anteproxecto dun novo convenio antes do día un de novembro de mil novecentos noventa e seis e a súa negociación iniciarase non máis tarde do día un de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

Capítulo II

Cláusulas xenéricas

Artigo 4º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas no presente convenio forman un todo orgánico e indivisible e, para efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas, no seu conxunto, en cómputo global.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse as condicións máis beneficiosas que, a título persoal, puidese ostentar calquera traballador afectado por este convenio.

Artigo 6º.-Cláusula de compensación e absorción.

As remuneracións que se establecen no presente convenio substitúen e compensan no seu conxunto tódalas retribucións e emolumentos de carácter salarial que viñese devengando o persoal con anterioridade á súa entrada en vigor, xa o fose por virtude do disposto na xa derrogada ordenanza de traballo siderometalúrxica, disposicións laborais concordantes, convenios colectivos anteriores, regulamentos de réxime interior, pacto individual ou concesión graciable da empresa, sen que en ningún caso o traballador poida sufrir diminución na retribución global que viñese desfrutando.

Capítulo III

Xornadas e descansos

Artigo 7º.-Xornada de traballo.

Para o ano 1995, a duración máxima da xornada ordinaria efectiva de traballo será de 1.797 horas.

Para 1996 rexerá a prevista, se é o caso, no convenio provincial de Lugo para as industrias de siderometalurxia.

Non obstante, tendo en conta as razóns de orde funcional e organizativa que vinculan a empresa coa principal, considérase como xornada ordinaria a desta, para os traballadores que presten os seus servicios neste centro, asumíndose como propios os horarios e xornada da empresa principal, os excesos da cal se considerarán como xornada extraordinaria e poderanse compensar con descansos ou mediante a retribución extraordinaria correspondente.

No suposto de que algún traballador non puidese por razóns de mobilidade funcional, ou por outras causas non imputables a el, chegar a realiza-la xornada anual ordinaria, non poderá ser obrigado a com

pleta-la dita xornada nin deducirse da súa nómina o importe das horas non traballadas. Pola contra, se algún traballador fose desprazado ou trasladado por necesidades de servicio, e logo dos trámites legais, a outro centro de traballo no que rexa a xornada de 1.797 horas anuais, ou outra superior á establecida como xornada ordinaria no centro de traballo de San Cibrao, estará obrigado a realiza-la dita xornada superior sen incremento ningún da retribución pactada neste convenio e sen prexuízo das restantes garantías previstas na lei.

Este artigo terá vixencia en anos sucesivos.

Artigo 8º.-Traballo en días festivos.

O persoal con traballo por quendas que, como consecuencia do seu réxime de traballo, deba de traballar en días festivos, traballadrá nos ditos festivos dentro do cómputo da xornada anual ordinaria, percibindo, ademais do salario ordinario, un complemento salarial de contía igual á sinalada nas táboas salariais anexas, complemento que, para efectos do Real decreto 1858/1981, terá a consideración de horas extraordinarias de carácter estructural.

Artigo 9º.-Vacacións.

Para o persoal que permanecese en alta na empresa durante todo o ano natural, as vacacións serán de vintedous días laborables.

Destes vintedous días laborables, os traballadores adscritos á xornada fraccionada que así o desexen poderán desfrutar vinte días laborables consecutivos, podendo toma-los dous restantes en calquera momento, sempre que se avise ó mando cunha anticipación mínima de 48 horas e que o dito desfrute non afecte o proceso productivo de cada tarefa.

O persoal de novo ingreso ou incorporado de calquera situación que non devengue vacacións terá dereito a desfrutar no dito ano un número de días proporcional ó tempo que se presupoña que leva de servicio o 31 de decembro do mesmo ano. Se efectuado o cómputo, dese un número fraccionario, arredondarase, en todo caso, por exceso a favor do traballador.

Como norma xeral, as vacacións desfrutaranse na modalidade convida entre empresa e traballador. Non obstante, antes do día primeiro de novembro de cada ano, a representación da empresa e a dos traballadores elaborarán, conxuntamente, un calendario de vacacións para o ano seguinte, establecéndose un período para posibles reclamacións que findará o 30 do mesmo mes.

As quendas de vacacións para o persoal adscrito a réximes de traballo por quendas será de 28 días naturais consecutivos, podendo desfruta-los dous restantes en calquera momento, sempre que se avise o mando cunha anticipación mínima de corenta e oito horas e que o dito desfrute non afecte a máis dun traballador por quenda dentro de cada servicio ou sección.

Artigo 10º.-Horas extraordinarias.

Terán a consideración de horas extraordinarias as que excedan da xornada ordinaria de cada traballador, segundo o horario e réxime de xornada asignada ó seu posto de traballo.

A prestación do traballo en horas extraordinarias realizarase de acordo cos preceptos contidos no artigo 35 do Estatuto dos traballadores.

En consecuencia, a súa execución por parte do traballador, dentro dos límites previstos no apartado 2 do dito texto legal, será voluntaria, salvo nos supostos que do apartado 3 do mesmo artigo, isto é, cando se trate de previr ou reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes nos que sexa obrigatoria a prestación do traballo en horas extraordinarias sen que estas se computen dentro do límite máximo de horas autorizadas.

Con independencia destes traballos extraordinarios por causa de forza maior, terán, así mesmo, unha especial consideración, para efectos da súa aceptación por parte dos traballadores, as que se realicen para atender pedidos imprevistos ou urxentes, necesidades extraordinarias por períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda ou outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza mesma da actividade encomendada cando non poidan ser substituídas pola utilización das distintas modalidades de contratación previstas legalmente. Unhas e outras horas terán a consideración de horas estructurais para os efectos previstos no Real decreto 1858/1981, podendo, non obstante, a súa retribución, ser substituída pola concesión de descansos compensatorios, computados trimestralmente, por acordo entre as partes.

Mensualmente a empresa facilitará información á representación dos traballadores das horas extraordinarias realizadas por cada traballador e as súas causas. Esta información será facilitada, como máximo, os días 15 de cada mes, debendo ser asinada polos representantes legais do persoal para a súa efectividade en canto á aplicación do real decreto antes mencionado.

Artigo 11º.-Permisos retribuídos.

Considéranse con dereito a retribución os permisos que, na súa forma e extensión, se citan a seguir:

1. Falecemento de pais, padrastos, avós, fillos, mesmo políticos, cónxuxes, netos, irmáns e irmáns políticos: tres días laborables, ampliables a cinco días en caso de necesidade de desprazamento a localidades distantes cen ou máis quilómetros do centro de traballo.

2. Parto da esposa: tres días laborables, ampliables a cinco días no mesmo caso de desprazamento.

3. Casamento do traballador: quince días naturais e ininterrompidos.

4. En caso de enfermidade grave ou intervención cirúrxica que dea lugar a hospitalización de pais, padrastos, pais políticos, avós, cónxuxes, fillos, irmáns, irmáns políticos: dous días naturais ampliables a cinco días no mesmo caso de desprazamento.

5. En caso de casamento de pais, fillos, irmáns, mesmo políticos: un día natural, ampliable a tres días no mesmo caso de desprazamento.

6. Cambio de domicilio: un día natural.

7. Por renovación do carné de conducir: un día laborable. Para os traballadores que teñan a categoría profesional de conductores na empresa: o tempo necesario.

8. Citación xudicial: o tempo necesario.

9. Outros deberes inescusables de carácter público: o tempo necesario

10. Eleccións a cargos públicos: o tempo necesario.

11. Citacións da Administración: o tempo necesario.

12. Citacións a quintas: o tempo necesario.

13. Asistencia a consulta médica de especialistas da Seguridade Social coincidindo o horario de consulta co de traballo, sempre que sexa por prescrición do médico de cabeceira coa excepción daquelas especialidades que non requiran o dito trámite: o tempo necesario.

14. Asistencia a consulta do médico de cabeceira da Seguridade Social ou particulares: un máximo de ata dúas xornadas completas e como mínimo 16 horas/ano.

15. Doazón de sangue: o tempo necesario (mínimo de catro horas e resto segundo prescrición facultativa).

16. Falecemento de tíos carnais: un día laborable.

Artigo 12º.-Licencias non retribuídas.

Os traballadores poderán desfrutar de ata tres días de licencia ó ano, sen dereito a retribución, ampliables a cinco días en casos excepcionais debidamente xustificados, para resolver asuntos particulares, logo de petición do oportuno permiso cunha anticipación mínima de 48 horas á iniciación da quenda en que pretandan vacar. Estes permisos concederanse sempre que a súa aceptación non implique problemas funcionais para o servicio encomendado.

Capítulo IV

Contratación

Artigo 13º.-Formalización dos contratos.

Os contratos de traballo, sexa cal for a súa modalidade, formalizaranse por escrito e, se así o determina a lei, someteranse ó seu rexistro pola oficina de emprego. Así mesmo, darase conta ó comité de empresa, e, se o traballador o solicitase, ó sindicato por el elixido, sempre que este teña sección sindical recoñecida no popio centro de traballo.

1. Contratos de aprendizaxe.

Caso de se realizaren estes contratos, aplicarase o establecido na lei, excepto no referente ó salario, que será o seguinte:

-Primeiro ano: 100% do salario mínimo interprofesional.

-Segundo ano: 83% do salario do especialista.

-Terceiro ano: 90% do salario oficial de 3ª.

Artigo 14.-Período de proba.

O período de proba, que se concertará por escrito, será de sete días para os peóns e especialistas e de vinte días para os oficiais.

Artigo 15º.-Eventualidade.

Os traballadores contratados co carácter de eventuais ou por tempo determinado, ó final da vixencia dos seus contratos de traballo, pasarán á situación de fixos de obra, sempre e cando existan na empresa traballos da súa especialidadae e categoría nos que poidan ser acoplados.

Igual criterio se seguirá no suposto de que, aínda non habendo postos vacantes da súa propia categoría, si o houber doutra categoría inferior e especialidade apropiada ós coñecementos do traballador e sempre que este o solicite e acepte as condicións correspondentes ó novo posto de traballo.

Capítulo V

Fondo asistencial

Artigo 16º.-Fondo asistencial.

1. Fins.

Constitúese un fondo para fins asistenciais que terá por obxecto:

a) Cubrir ata o 100% do salario real garantido polo convenio ó persoal en situación de ILT, tanto derivada de enfermidade común como de accidente non laboral, así como a que teña a súa orixe en accidente laboral ou enfermidade profesional. O dito complemento será devengado polo traballador nas seguintes condicións:

a).1. Con carácter xeral, a partir do 16º día de baixa por enfermidade común ou accidente non laboral. Sen prexuízo do anterior, ámbalas partes comprométense a que a través da comisión do fondo se estudien os índice medios de absentismo dos tres últimos anos para, logo de exclusión de determinadas enfermidades e accidentes de circulación; fixar un índice de referencia para soste-la dita prestación de enfermidade, índice que deberá ser fixado pola comisión xestora nun prazo máximo de 6 meses.

Ámbalas partes acordan que, se se incrementan os ditos índices, non sería posible soste-lo nivel asistencial previsto e, no dito caso, deberíase retornar á prestación a partir do 31º día de baixa.

a).2. A partir do primeiro día, en caso de intervención cirúrxica que requira hospitalización e no suposto de ingreso hospitalario sempre que a permanencia no centro supere os 15 días.

a).3. En todo caso, o complemento extinguirase ó causar alta o traballador ou pasar á situación de invalidez provisional ou á incapacidade permanente en calquera dos seus graos.

b) O dito complemento cubriralle, así mesmo, ata o 100% do importe das pagas extraordinarias, no

suposto de ter permanecido de baixa por enfermidade ou accidente durante todo ou parte do semestre anterior ó pagamento de tales gratificacións. O dito dereito nace desde o primeiro día de baixa.

En todo caso, de causar baixa na empresa antes da finalización do semestre, aboaráselle a parte proporcional no momento da liquidación.

2. Beneficiarios.

Serán beneficiarios tódolos traballadores comprendidos no ámbito de aplicación do presente convenio e que se regulen por el.

O traballador que, por calquera causa, cesase no cadro de persoal da empresa non terá dereito a reclamar do fondo as cantidades por el achegadas.

3. Solicitude de axuda.

O traballador que cause baixa por enfermidade ou accidente solicitará da comisión xestora a concesión da axuda que, de acordo coas presentes normas, lle corresponda.

Cando, a xuízo, da comisión xestora existan indicios razoables para presumir algunha irregularidade na situación de baixa, poderá requiri-lo traballador para se someter a un recoñecemento médico que designe aquela, sendo a cargo do fondo os gastos orixinados por este recoñecemento.

Para a adopción desta medida será inescusable a opinión unánime ou, cando menos, maioritaria, da comisión xestora.

4. Dotación do fondo.

O fondo nutrirase da achega do 1% da base de cotización á Seguridade Social por parte do traballador, mesmo se se encontra en situación de ILT, que será deducido mensualmente da súa nómina e dunha porcentaxe de igual contía a cargo da empresa.

5. Da comisión xestora.

A comisión xestora estará formada por catro membros, dous en representación dos traballadores e dous en representación da empesa. A representación dos traballadores será nomeada entre os membros do comité de empresa. Será presidente o que a comisión designe por unanimidade ou, se é o caso, por maioría, e secretario un vocal da comisión, que será nomeado de forma trimestral, tendo en conta que a designación recaerá, alternativamente, unha vez entre os representantes dos traballadores e a seguinte entre os da empresa.

A validez dos acordos da comisión xestora requirirá a maioría absoluta dos seus compoñentes.

Será misión da comisión xestora o control e exacto cumprimento da presente normativa.

Mensualmente a comisión xestora porá en coñecemento dos traballadores, a través dos taboleiros de anuncios, os acordos tomados e o estado das contas.

6. Situación do fondo.

O fondo estará situado nunha conta bancaria ó dispor da comisión xestora, sendo imprescindible a sinatura mancomunada de dous dos seus membros, un dos designados polos traballadores e outro dos nomeados pola empresa, para a retirada dos fondos.

Os ingresos na conta faranse mensualmente, unha vez aboadas as cantidades acordadas pola comisión xestora. A retirada de fondos farase igualmente de forma mensual, unha vez acordadas as axudas que correspondan pola comisión xestora.

7. Importe máximo do fondo.

O importe máximo do fondo, computado mensualmente, unha vez liquidadas tódalas axudas previstas nos fins deste fondo asistencial, non poderá exceder dun millón (1.000.000) de pesetas.

No caso de que durante 3 meses consecutivos se supere o dito límite, a comisión xestora deberá promover unha reducción das achegas dos próximos meses ata situarse no límite.

O 30 de xuño e o 30 de novembro farase unha revisión das dispoñibilidades do fondo e, se estas non permitisen cubri-las axudas previstas no apartado 16º.1 do presente capítulo, a comisión xestora establecerá unha aportación extraordinaria, a satisfacer entre empresa e traballadores, a partes iguais, nas pagas extraordinarias de xullo e nadal, respectivamente.

Do mesmo xeito, no suposto de se producir algunha situación excepcional derivada de feitos imprevisibles e realmente graves (por exemplo un accidente colectivo) que fixese insuficiente o saldo do fondo dispoñible para aboa-las cantidades pactadas, a comisión xestora solicitará da comisión de vixilancia do presente convenio a xestión ante a empresa e ante os traballadores para establecer unha cota extraordinaria, suficiente para facer fronte a tales axudas.

8. Cancelación do fondo.

A comisión xestora poderá propo-la cancelación do fondo e, se así o aproba a empresa e asemblea de traballadores, dispor da distribución do activo en axudas de tipo social. A dita medida, en calquera caso, deberá coincidir co final da vixencia do convenio colectivo. A cancelación do fondo será obrigatoria no suposto de se produci-lo peche do centro de traballo.

9. Accidentes de traballo.

A cobertura que se establece no presente artigo para o persoal en situación de ILT, cando sexa derivada de accidente de traballo, aplicarase desde o primeiro día da baixa e será a cargo exclusivo da empresa.

10. Achega extraordinaria.

De conformidade cos acordos alcanzados durante a negociación do presente convenio colectivo, a empresa fará unha achega ó fondo asistencial co carácter de extraordinaria e por unha soa vez, equivalente ó 3,50% dos devengos salariais dos traballadores actualmente no cadro de persoal e que correspondan ó período 1-1-1995 a 30-6-1995.

Á cantidade resultante da porcentaxe sinalada anteriormente engadiránselle tamén por unha soa vez as que a seguir se indican, de acordo coa categoría profesional que ostente cada traballador e suposta unha plena presencia no período anteriormente sinalado.

Oficial de 1ª10.018 ptas.

Oficial de 2ª9.635 ptas.

Oficial de 3ª9.305 ptas.

Especialista8.856 ptas.

Peón7.567 ptas.

Autorízase a comisión xestora para que durante o ano 1995, e de forma extraordinaria, destine a aportación anteriormente sinalada ós fins sociais que a dita comisión considere oportunos.

Capítulo VI

Outras atencións sociais

Artigo 17º.-Seguro colectivo.

Para cubrir na medida do posible as consecuencias derivadas do falecemento ou incapacidade total ou absoluta do traballador, a consecuencia do accidente de traballo, establécese un seguro colectivo con cargo á empresa por dous millóns seiscentas mil pesetas en caso de falecemento e de tres millóns cento vintecinco mil pesetas para o caso de invalidez total ou absoluta.

Artigo 18º.-Axuda de comida.

Establécese unha axuda de comida; a súa contía figura nas distintas táboas salariais anexas e engrosará unha «bolsa de vacacións»; faránselles efectivas ós traballadores ó comezo do seu período vacacional; o persoal de novo ingreso percibirá a parte proporcional ó tempo traballado. Esta cantidade non será absorbible durante a vixencia do presente convenio.

Artigo 19º.-Roupa de traballo e aseo.

O traballador terá dereito a dúas fundas ou traxes de traballo, á escolla do traballador, por cada ano de servicio prestado e a un terceiro en caso de necesidade, así como á entrega de dúas toallas por ano. Ó persoal de novo ingreso faráselle entrega de igual dotación, sempre que a súa contratación sexa superior a seis meses.

A empresa comprométese a manter en todo momento un stock suficiente para facilita-las entregas necesarias, así como a mellora-lo tamaño e calidade das toallas e demais roupa de traballo, se fose necesario.

Corresponderalle ó comité de seguridade e hixiene coidar do cumprimento do compromiso precedente.

Artigo 20º.-Recoñecemento médico.

Os traballadores deberanse someter a un recoñecemento médico anual, realizado polos servicios médicos que a empresa designe, e terán dereito a un segundo recoñecemento cando existan causas que así o aconsellen.

Artigo 21º.-Comité de empresa.

O comité de empresa é o órgano máximo de representación colexiada do persoal no centro de traballo.

Os compoñentes do comité de empresa disporán dun crédito de dezaseis horas mensuais, retribuídas como horas realmente traballadas, para o exercicio das súas funcións.

As ditas horas poderán ser computadas bimensualmente en forma global e distribuídas entre os seus membros segundo o seu propio criterio.

Quedan excluídas do conxunto destas horas as que correspondan a reunións convocadas pola dirección da empresa e as dedicadas á negociación colectiva.

O comité de empresa disporá dun local para o desenvolvemento das súas funcións.

Disporase, así mesmo, dun taboleiro de anuncios.

Os membros do comité de empresa non poderán ser despedidos nin sancionados dentro do período do exercicio das súas funcións, nin nos dous anos seguintes ó seu mandato, sempre que o despedimento ou sanción se basee na acción do traballador no exercicio das súas funcións.

Se a representación dos traballadores o solicita, a empresa adquire o compromiso de celebrar reunións con carácter trimestral, onde informará á dita representación do establecido nos artigos 64 e 65 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 22º.-Seccións sindicais.

A empresa recoñece as seccións sindicais no seo dela e outórgalles ós seus membros as mesmas garantías que ós membros do comité de empresa.

As distintas seccións sindicais poderán:

a) Facer propaganda sindical ou laboral a través do taboleiro de anuncios asignado ó comité de empresa.

b) Cobra-las cotas sindicais dentro do horario de traballo sen interrompe-lo proceso productivo.

c) En caso de solicitalo, cobra-las cotas sindicais a través da nómina, coa autorización expresa do interesado.

d) Convocar asembleas fóra do horario de traballo.

e) As seccións sindicais presentes na sinatura deste convenio desfrutarán dun crédito mensual de dezaseis horas cada unha para o exercicio das súas actividades. Estas seccións sindicais son: CIG.

Artigo 23º.-Comité de seguridade e hixiene.

O comité de seguridade e hixiene estará formado por un máximo de tres membros elixidos en asemblea, que representarán os distintos departamentos da empresa.

As súas funcións irán encamiñadas a controlar e velar polo cumprimento da lexislación en materia de seguridade e hixiene. Se o risco de accidente fose inminente, o comité de seguridade e hixiene poderá

acorda-la paralización das actividades ata que sexa solucionado o motivo de perigo.

O comité de seguridade e hixiene reunirase unha vez ó mes, dentro das horas de traballo, sen prexuízo daqueles casos especiais que, pola súa gravidade, requiran unha reunión extraordinaria.

Artigo 24º.-Dereito de reunión e asemblea.

As asembleas de traballadores que se realicen no centro de traballo rexeranse de conformidade coa normativa vixente, moi especialmente en canto á facultade de convocatoria, presidencia, persoas alleas á empresa que teñan que asistir, orde do día dos asuntos que se van tratar, comunicación á dirección da empresa, forma de realización, lugar de reunión, votacións e demais dereitos e obrigas.

Cando se trate de asembleas informativas sobre negociación colectiva, deberanse cumprir, ademais dos requisitos expostos, os seguintes:

a) Que se lle comunique ó xefe de obra cunha anticipación mínima de 48 horas.

b) Que a súa realización teña lugar fóra das horas de traballo. Neste caso a empresa aboará, con carácter de ordinarias, ata un máximo de tres horas anuais.

Capítulo VII

Retribucións

Artigo 25º.-Conceptos retributivos.

A retribución estará integrada polos conceptos retributivos que se indican a seguir, a contía dos cales figura recollida no anexo salarial:

-Salario base.

-Plus de asistencia.

-Plus de traballos tóxicos, penosos e perigosos.

-Plus de mobilidade e transporte.

-Plus de desprazamento.

-Plus de xefatura de equipo.

-Plus de traballo por quendas.

-Plus de nocturnidade.

-Plus de domingos.

-Gratificacións extraordinarias.

-Horas extraordinarias.

-Vacacións.

-Complemento salarial festivo.

-Axuda de comida.

-Axudas de custo.

-Antigüidade.

Artigo 26º.-Regulación dos distintos conceptos.

1. Salario base, vacacións, plus de asistencia, plus de traballos tóxicos, penosos e perigosos, plus de mobilidade e transporte, plus de desprazamento: segundo as táboas salariais anexas.

2. Nocturnidade.

Terán a consideración de traballos nocturnos os efectuados entre as 22 horas e as 6 horas, respondendo

a súa regulación ós seguintes criterios:

a) Traballando no dito período menos de catro horas, cobrarase a bonificación das catro horas traballadas no período nocturno.

b) Se exceden de catro horas as realizadas no dito período, devengaranse a bonificación correspondente a tódalas horas da xornada, estean ou non comprendidas no dito período nocturno.

c) A súa contía figura nas táboas salariais anexas.

3. Traballo por quendas.

Polo feito de desempeña-lo traballo en réxime de quendas percibirase un plus por cada día natural de permanencia na dita situación, que terá o valor que figura nas táboas salariais anexas, equivalentes ó 20% do salario base.

Ningún traballador se poderá opor a ocupar en calidade de «correquendas» a quenda de traballo que se lle ordene por parte da empresa para substituí-la ausencia do titular, logo de aviso segundo a práctica de costume.

Se por este motivo chegase un traballador a realiza-la dita función de «correquendas» durante 115 días ou máis ó ano, cobrará o plus de quendas durante todo o ano.

En todo caso, entre o final da xornada ordinaria e o inicio do traballo de «correquendas» mediará unha distancia non inferior a 12 horas.

4. Xefatura de equipo.

O persoal que desempeñe a función de xefe de equipo percibirá un plus por cada día traballado nesta situación, cos valores que figuran nas táboas salariais anexas.

5. Plus de domingos.

O persoal a quendas que, como consecuencia do seu propio réxime de traballo, estea obrigado a traballar en domingos, percibirá por cada domingo traballado un plus que terá os valores que figuran nas táboas salariais anexas.

6. Horas extraordinarias.

O valor de cada hora extraordinaria traballada, segundo a súa distinta clasificación, é a que figura nas táboas salariais anexas.

7. Gratificacións extraordinarias.

O número de gratificacións extraordinarias é de dous:

-Gratificación do 25 de xullo.

-Gratificación de Nadal.

Cada unha destas pagas terá o valor que figura nas táboas salariais anexas e aboaranse, como máximo, o día anterior ó 16 de xullo e 20 de decembro, respectivamente.

Estas gratificacións serán aboadas en proporción ó tempo traballado, rateándose cada unha delas por semestres naturais do ano en que se devenguen.

8. Penalización sobre o plus de desprazamento.

As faltas inxustificadas ou de impuntualidade no traballo producirán a reducción ou perda do dito plus de desprazamento, conforme a seguinte escala.

a) Faltas de asistencia.

-Por un día de falta: reducción do importe de catro días do dito plus.

-Por dous días de falta: reducción do importe de doce días do dito plus.

-Por tres días de falta: reducción do importe total do dito plus.

b) Faltas de puntualidade.

-Por un día de falta de puntualidade: reducción do importe correspondente a un día do dito plus.

-Por dous días de falta de puntualidade: reducción do importe de dous días do dito plus.

-Por tres días de falta de puntualidade: reducción do importe correspondente a cinco días do dito plus.

-A partir do quinto día de falta de puntualidade: perda total do dito plus.

9. Axudas de custo.

As axudas de custo, que se regularán de acordo coa derrogada ordenanza siderometalúrxica, aboaranse na contía que se reflicte nas táboas salariais anexas.

De acordo coa dita ordenanza, deséxase facer fincapé en que, se por circunstancias especiais, os gastos orixinados polo desprazamento sobrepasan o importe das axudas de custo, o exceso deberá ser aboado pola empresa, logo de coñecemento dela e posterior xustificación polos traballadores.

10. Antigüidade.

Os traballadores comprendidos no presente convenio percibirán aumentos periódicos por anos de servicio consistentes no aboamento de quinquenios na contía do 5% do salario base correspondente á categoría na que estean clasificados, os seus valores figuran nas táboas salariais anexas e percibiranse nos once meses de presencia efectiva no traballo.

Artigo 27º.-Traballos de categoría superior.

O traballador que realice traballos de categoría superior á que corresponda á súa propia categoría, por un período superior a catro meses consecutivos nun ano, outorgaráselle a dita categoría superior.

Ascensos.

De conformidade cos acordos alcanzados durante a negociación do presente convenio, créase unha comisión paritaria que actuará en todo o referene a ascensos, seguindo o establecido no artigo 24 do Estatuto dos traballadores.

Estará formada polos mesmos representantes que figuran na comisión de interpretación e vixilancia do convenio. Será paritaria para efectos de votación e as decisións tomaranse por maioría simple.

A primeira reunión celebrarase 15 días despois de asinado o convenio e a súa primeira misión será redacta-lo artigo que regule o seu funcionamento e actuación.

O articulado resultante anexarase ó convenio en acta complementaria.

Artigo 28º.-Días de pagamento e anticipos.

A liquidación de cada mensualidade farase efectiva o venres máis próximo ó día 15 de cada mes e, como data límite, o propio día 15.

Para cobrar enténdese que o traballador non poderá abandona-lo posto de traballo, polo que a empresa fará efectivos os salarios correspondentes mediante transferencia bancaria domiciliada. Esta comprométese a que a lista de transferencias estea en poder do banco co que aquela traballa, polo menos un día antes da data de pagamento.

Non obstante, o persoal terá dereito a percibir, se o solicita, un anticipo mensual que non poderá exceder do 90% dos salarios devengados. O pagamento farase efectivo o día 28 de cada mes, ou o anterior hábil, se aquel coincidese con domingo ou festivo, efectuándose o aboamento como na actualidade.

Os días de pagamento en nómina nos meses sucesivos son os que a seguir se detallan:

Nómina mesData pagamentoNómina mesData pagamento

Agosto-9515-09-95Setembro-9513-10-95
Outubro-9515-11-95Novembro-9515-12-95
Decembro-9512-01-96Xaneiro-9615-02-96
Febreiro-9515-03-96Marzo-9612-04-96
Abril-9615-05-96Maio-9614-06-96
Xuño-9612-07-96Xullo-9614-08-96
Agosto-9613-09-96Setembro-9611-10-96
Outubro-9615-11-96Novembro-9613-12-96
Decembro-9615-01-97

Artigo 29º.-Préstamos.

Créase un fondo se préstamos sen xuros dun millón de pesetas, ó dispor dos traballadores.

A regulación deste fondo está concretada no regulamento específico, aprobado no seu día pola comisión mixta e que se incorpora como anexo a este convenio.

Artigo 30º.-Incremento salarial.

Durante o ano 1995 as retribucións salariais son as que figuran nas táboas anexas.

Cláusula de revisión salarial.

En caso de que o IPC real estatal rexistrase o 31-12-1995 un incremento superior ó 3,5% respecto da cifra que resultase do dito IPC o 31-12-1994, efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre a indicada cifra, tan pronto se constate oficialmente a dita circunstancia e con efectos do 1 de xaneiro de 1995.

Se procedese revisión, a diferencia será feita efectiva coa nómina do mes en que se coñeza oficialmente e aplicarase sobre as táboas retributivas de 1995, que figuran incorporadas a este convenio.

As táboas que servirán de base para fixa-los salarios de 1996 serán os vixentes o 31-12-1994, incrementadas co IPC real estatal do ano 1995.

O incremento para 1996 efectuarase de acordo coa seguinte normativa:

Coñecidas as táboas que servirán de base para fixa-los salarios de 1996, estas veranse incrementadas co IPC previsto polo Goberno para 1996 máis 0,50 puntos.

Cláusula de revisión salarial.

No caso de que o IPC real estatal rexistrase o 31-12-1996 un incremento superior ó IPC previsto polo Goberno para o dito ano máis 0,50 puntos, respecto da cifra que resultase do dito IPC o 31-12-1995, efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre a indicada cifra máis 0,50 puntos, tan pronto se constate oficialmente a dita circunstancia e con efectos do 1 de xaneiro de 1996.

Se procedese revisión, a diferencia será feita efectiva coa nómina do mes en que se coñeza oficialmente e aplicarase sobre as táboas retributivas vixentes o 1-1-1996.

As bases para a negociación colectiva do ano 1997, no que a salarios se refire, serán as táboas vixentes o 1-1-1996 incrementadas coa revisión sinalada no parágrafo precedente se procedese.

Co obxecto de lograr unha maior uniformidade nas percepcións mensuais, o concepto retributivo de vacacións para 1996 verase incrementado en 7.500 pesetas.

O dito importe permanecerá fixo e inalterable durante todo o ano 1996, polo que non estará suxeito a revisión ningunha e quedará incorporado ás táboas que se fixen para a negociación de 1997.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Comisión de interpretación e vixilancia.

Co obxecto de velar polo cumprimento do convenio nos termos pactados e dirimir cantas cuestións suscite a súa aplicación, créase a presente comisión paritaria, composta por:

Representación da empresa:

José Ángel Corral Leciñana.

Antonio Iñigo Bartolomé.

Luis Manuel Fanego Vidarte.

Representación dos traballadores:

Néstor Varela García.

Luis Macías Pérez.

José Manuel Martínez Molejón.

A comisión será paritaria para efectos de votación e as decisións tomaranse por maioría simple. As posibles discrepancias serán sometidas á autoridade competente.

Segunda.-Normativa complementaria.

No non previsto no presente convenio, aplicarase o disposto na derrogada ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica, Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais vixentes.

Terceira.-Acordo de formación continua.

Durante a vixencia do presente convenio as representacións que o asinan establecerán un calendario de reunións co fin de regular un sistema de formación profesional continuo que afectará a tódolos traballadores encadrados no seu ámbito de aplicación e que permita mellora-los seus coñecementos profesionais e a capacidade productiva dos seus métodos de traballo.

Acta complementaria do convenio colectivo para 1995 e 1996 de Colaboraciones Técnicas Eléctricas, S.A. (Cotelsa) para o seu centro de traballo en San Cibrao.

Asistentes.

Polos traballadores:

Néstor Varela García.

Luis Macías Pérez.

José Manuel Martínez Molejón.

Pola empresa:

José Ángel Corral Leciñana.

Luis Ángel Fernández Lozano.

En San Cibrao (Lugo), e na data que consta na acta de outorgamento, reúnense os arriba relacionados, que integran a comisión deliberadora do convenio colectivo da empresa Colaboraciones Técnicas Eléctricas, S.A. (Cotelsa), co obxecto de concretar e puntualizar determinados aspectos que se deriven da posta en aplicación do convenio colectivo e recoller outros acordos complementarios do seu texto articulado.

1. Persoal por quendas.

Tendo en conta as especiais circunstancias que concorren neste persoal, razóns de organización aconsellan, como sistema menos perturbador no aspecto funcional, que continúen gardando o mesmo sistema de relevos e de descansos cíclicos que veñen observando, establecéndose un programa complementario de descansos acumulados, o calendario dos cales se concretará mediante posterior acordo entre comité e empresa, de conformidade coas posibilidades funcionais de cada instalación. O desfrute deste período complementario será obrigatorio.

2. Mensualización da nómina.

As retribucións que, para cada categoría, figuran nas táboas salariais anexas ó convenio colectivo -salario anual-, corresponden á xornada pactada no artigo 7º, en cómputo anual, suposta unha plena presencia.

Non obstante, por acordo das partes e malia a irregularidade na distribución da xornada, co obxecto de manter unha certa uniformidade nas percepcións mensuais dos traballadores, excepción feita do mes de vacacións, as ditas retribucións aboaranse en once mensualidades; o seu importe «mensual» e «diario»,

suposta unha plena presencia, aparece reflectido na segunda e terceira columna das citadas táboas salariais.

3. Axuda de economato.

Conforme o pactado en anteriores negociacións, quedou eliminada a chamada «axuda de economato», o importe da cal quedou integrado nas pagas extras de xullo e Nadal, entendéndose, non obstante, que a dita integración non desvirtúa a natureza e finalidade da axuda nos convenios anteriores.

4. Complemento salarial de días festivos.

A requirimento da representación dos traballadores, aclárase o contido do artigo 8º do convenio colectivo, no sentido de que o «complemento salarial» correspondente ás horas traballadas en días festivos polo persoal por quendas aparecerá nos libramentos de salarios baixo un epígrafe independente, para efectos da súa cotización á Seguridade Social como horas estructurais, sen que isto afecte o cómputo das ditas horas como parte integrante da xornada anual ordinaria pactada no convenio.

5. Descansos compensatorios.

De conformidade co artigo 10º do convenio colectivo, as horas que se efectúen fóra da xornada normal de traballo acumularanse para descansos compensatorios. Cada unha destas horas acumuladas aboarase ó prezo que a seguir se detalla, diferencia resultante entre importe da hora ordinaria e a hora extraordinaria. Esta diferencia reflectirase nos libramentos de salarios baixo o epígrafe «Horas extraordinarias», tendo o importe resultante a consideración de horas de carácter estructural, para efectos da súa cotización á Seguridade Social e do previsto no Real decreto 1858/1981.

E en proba de conformidade con canto antecede, asínase a presente acta no lugar e data reseñados no encabezamento.

Regulación do artigo 29º.-Préstamos.

Tódolos traballadores afectados por este convenio terán dereito á percepción de préstamos conforme a normativa seguinte:

a) A súa contía por traballador será como máximo o equivalente a 3 meses do seu salario base.

b) A devolución efectuarase en 12 fraccións iguais, coincidentes coas mensualidades dos 12 meses naturais seguintes á súa percepción.

c) O vencemento da débeda, en caso de finalización da relación laboral, producirase de forma automática e na totalidade da contía do pendente no mesmo momento de se producir aquela.

d) Os préstamos previstos neste apartado terán un límite máximo de diñeiro en circulación para o conxunto dos traballadores afectados no convenio de 1.000.000 de pesetas.

e) Mensualmente, a comisión paritaria facilitaralle ó conxunto dos traballadores información relativa ó estado de amortizacións e novas peticións:

O regulamento de concesión dos anticipos é o que se detalla no anexo seguinte:

Regulamento dos préstamos a que se refire o convenio colectivo para 1995-1996 no seu artigo 29

Obxecto e ámbito de aplicación.

Artigo nº 1.

O obxecto e ámbito de aplicación do presente regulamento consiste na regulación dos préstamos establecidos no artigo 29º do convenio colectivo e que esta empresa lle outorga ó seu persoal fixo de obra.

Solicitude, forma, motivos:

Artigo nº 2.

A solicitude de petición deberáselle dirixir á comisión paritaria (empresa/comité de empresa). Esta comisión formarana as mesmas persoas que a do fondo asistencial, facendo constar na dita solicitude o seguinte:

a) Identidade do solicitante.

b) Circunstancias dos familiares que permanentemente convivan con el.

c) Circunstancias persoais referidas á petición.

d) Outros datos que o peticionario considere de interese para identificar e xustifica-lo obxecto a adquirir ou gasto a realizar, facturas, orzamentos, etc., que fundamenten a petición do préstamo.

Requisitos e preferencias para a súa concesión.

Artigo nº 3.

No referente á regulación do artigo 29º do mencionado convenio, os traballadores, ante unha necesidade debidamente xustificada, poderán solicitar un préstamo que non poderá exceder da contía de tres mensualidades do seu salario base.

Os requisitos e preferencias serán os seguintes:

a) Aqueles ós que nunca se lles outorgou outro préstamo.

b) Existencia dalgunha enfermidade, ben no traballador, ben nalgún membro da familia que habitualmente conviva con el e orixine gasto extraordinario.

c) Reparacións necesarias para a normal conservación e utilización da vivenda habitual.

d) Reformas importantes na vivenda, por aumento de familiares, a cargo do empregado. Adquisición de enxoval para aquela.

e) Axuda económica necesaria para levar a cabo a titulación oficial da vivenda habitual mediante escritura pública.

f) Persoal solteiro que vaia contraer matrimonio nun prazo máximo non superior a 3 meses, contados a partir da data de petición.

g) Por bautizo, comuñón ou casamento dun fillo.

h) Traballadores con aumento de familiares ó seu cargo.

i) Traballadores con menor poder adquisitivo.

j) Traballadores que realicen o segundo ou sucesivos equipamentos da súa vivenda e que non teñan pendente de reintegro ningún préstamo coa empresa.

k) Ser desaloxado da vivenda habitual que ocupa por algunha causa, allea á propia vontade, e ter que adecua-lo seu enxoval.

l) Outras circunstancias imprevistas que, a criterio da comisión paritaria, motiven dificultades económicas importantes ó traballador.

Fondo, contía do crédito e amortizacións.

Artigo nº 4.

De conformidade co artigo 29º do convenio colectivo, establécese un fondo de 1.000.000 de ptas. Igualmente, o importe máximo do préstamo que se concederá será o equivalente a 3 mensualidades do seu salario base que figura na táboa salarial do citado convenio.

Artigo nº5.

De acordo co citado artigo, o prazo máximo de amortización será de 12 pagos consecutivos, dentro dun ano, contado a partir do mes seguinte ó da data da súa concesión, non devengando xuros.

Artigo nº 6.

Así mesmo, respecto a este préstamo, indícase que non se poderá solicitar de novo ata non ter liquidado totalmente o anterior.

Obrigas do traballador.

Artigo nº 7.

O traballador deberá entregarlle á comisión paritaria unha copia do documento que xustifique o gasto que se vai realizar.

Artigo nº 8.

O traballador deberá destinar, única e exclusivamente, o préstamo para o uso ó que foi autorizado.

Artigo nº 9.

A comisión paritaria obrigarase a amortizaar anticipadamente o préstamo nos seguintes casos:

a) Por falsidade dalgún dos datos solicitados.

b) Que exista manifesto incumprimento das normas establecidas no regulamento.

c) Por extinción da relación laboral coa empresa.

Táboa salarial da empresa Cotelsa ano 1995

Categoría: Oficial 1ª

Do 1-1-1995 ó 30-6-1995

ConceptosSalario

anual

Salario

mensual

Salario

diario

Salario base898.79181.7082.724
Plus asistencia177.54016.140769
Antigüidade44.9394.085136
Tóxico, penoso, per.84.0137.638364
Plus despraz.84.3847.638365
Vacacións138.298
Extra xullo131.483
Extra Nadal131.483
Plus quendas179.75716.342545
Plus nocturnidade545
Plus c.s. festivo10.224
Plus xef. equipo149.35313.578647
Plus domingo1.875
Plus mov. transp.311.36228.3061.348
Hora extra1.087
Hora festiva1.294

Media axuda de custos2.014

Axuda de custos completa3.775

Axuda comida40.008

O salario anual é a retribución total pactada suposta unha plena presencia.

O salario mensual é o promedio obtido de dividir entre 11 meses o salario anual.

O salario diario é o resultado de dividir por 30 o salario mensual polo que se refire ós conceptos salario base, antigüidade e plus de quendas; e por 21 o resto dos conceptos retributivos de carácter mensual.

Táboa salarial da empresa Cotelsa ano 1995

Categoría: Oficial 2ª

Do 1-1-1995 ó 30-6-1995

ConceptosSalario

anual

Salario

mensual

Salario

diario

Salario base877.45779.7692.659
Plus asistencia167.50715.228725
Antigüidade43.8723.988133
Tóxico, penoso, per.81.7717.434354
Plus despraz.84.3847.671365

ConceptosSalario

anual

Salario

mensual

Salario

diario

Vacacións129.777
Extra xullo122.961
Extra Nadal122.961
Plus quendas175.49215.954532
Plus nocturnidade532
Plus c.s. festivo9.503
Plus xef. equipo145.99813.273632
Plus domingo1.879
Plus mov. transp.269.43724.4941.166
Hora extra973
Hora festiva1.202

Media axuda de custos2.014

Axuda de custos completa3.775

Axuda comida40.008

O salario anual é a retribución total pactada suposta unha plena presencia.

O salario mensual é o promedio obtido de dividir entre 11 meses o salario anual.

O salario diario é o resultado de dividir por 30 o salario mensual polo que se refire ós conceptos salario base, antigüidade e plus de quendas; e por 21 o resto dos conceptos retributivos de carácter mensual.

Táboa salarial da empresa Cotelsa ano 1995

Categoría: Oficial 3ª

Do 1-1-1995 ó 30-6-1995

ConceptosSalario

anual

Salario

mensual

Salario

diario

Salario base841.07576.4612.549
Plus asistencia163.03514.821706
Antigüidade42.0533.823127
Tóxico, penoso, per.74.3456.759322
Plus despraz.84.3847.671365
Vacacións126.885
Extra xullo120.070
Extra Nadal120.070
Plus quendas168.21515.292510
Plus nocturnidade510
Plus c.s. festivo8.825
Plus xef. equipo140.43012.766608
Plus domingo1.889
Plus mov. transp.264.22024.0201.144
Hora extra872
Hora festiva1.117

Media axuda de custos2.014

Axuda de custos completa3.775

Axuda comida40.008

O salario anual é a retribución total pactada suposta unha plena presencia.

O salario mensual é o promedio obtido de dividir entre 11 meses o salario anual.

O salario diario é o resultado de dividir por 30 o salario mensual polo que se refire ós conceptos salario base, antigüidade e plus de quendas; e por 21 o resto dos conceptos retributivos de carácter mensual.

Táboa salarial da empresa Cotelsa ano 1995

Categoría: especialista

Do 1-1-1995 ó 30-6-1995

ConceptosSalario

anual

Salario

mensual

Salario

diario

Salario base806.74673.3412.445
Plus asistencia155.73014.157674
Antigüidade40.3373.667122
Tóxico, penoso, per.71.7176.520310
Plus despraz.84.3837.671365
Vacacións120.329
Extra xullo113.514
Extra Nadal113.514
Plus quendas161.35014.668489
Plus nocturnidade489
Plus c.s. festivo8.078
Plus xef. equipo134.42012.220582
Plus domingo1.889
Plus mov. transp.262.20923.8371.135
Hora extra755
Hora festiva1.020

Media axuda de custos2.014

Axuda de custos completa3.775

Axuda comida40.008

O salario anual é a retribución total pactada suposta unha plena presencia.

O salario mensual é o promedio obtido de dividir entre 11 meses o salario anual.

O salario diario é o resultado de dividir por 30 o salario mensual polo que se refire ós conceptos salario base, antigüidade e plus de quendas; e por 21 o resto dos conceptos retributivos de carácter mensual.

Táboa salarial da empresa Cotelsa ano 1995

Categoría: peón

Do 1-1-1995 ó 30-6-1995

ConceptosSalario

anual

Salario

mensual

Salario

diario

Salario base700.53763.6852.123
Plus asistencia107.6949.790466
Antigüidade35.0263.184106
Tóxico, penoso, per.60.8275.530263
Plus despraz.84.3837.671365
Vacacións108.239
Extra xullo101.425
Extra Nadal101.425
Plus quendas140.10612.737425
Plus nocturnidade425
Plus c.s. festivo6.857
Plus xef. equipo117.15010.650507
Plus domingo1.896
Plus mov. transp.263.92123.9931.143
Hora extra638
Hora festiva866

Media axuda de custos2.014

Axuda de custos completa3.775

Axuda comida40.008

O salario anual é a retribución total pactada suposta unha plena presencia.

O salario mensual é o promedio obtido de dividir entre 11 meses o salario anual.

O salario diario é o resultado de dividir por 30 o salario mensual polo que se refire ós conceptos salario base, antigüidade e plus de quendas; e por 21 o resto dos conceptos retributivos de carácter mensual.

Táboa salarial da empresa Cotelsa ano 1995

Categoría: oficial 1ª

Do 1-7-1995 ó 31-12-1995

ConceptosSalario

anual

Salario

mensual

Salario

diario

Salario base930.24984.5682.819
Plus asistencia183.75416.705795
Antigüidade46.5124.228141
Tóxico, penoso, per.86.9537.905376
Plus despraz.87.3377.940378
Vacacións143.138
Extra xullo136.085
Extra Nadal136.085

ConceptosSalario

anual

Salario

mensual

Salario

diario

Plus quendas186.04816.913564
Plus nocturnidade564
Plus c.s. festivo10.582
Plus xef. equipo154.58014.053669
Plus domingo1.941
Plus mov. transp.322.26029.2961.395
Hora extra1.125
Hora festiva1.339

Media axuda de custos2.084

Axuda de custos completa3.907

Axuda comida41.408

O salario anual é a retribución total pactada suposta unha plena presencia.

O salario mensual é o promedio obtido de dividir entre 11 meses o salario anual.

O salario diario é o resultado de dividir por 30 o salario mensual polo que se refire ós conceptos salario base, antigüidade e plus de quendas; e por 21 o resto dos conceptos retributivos de carácter mensual.

Táboa salarial da empresa Cotelsa ano 1995

Categoría: oficial 2ª

Do 1-7-1995 ó 31-12-1995

ConceptosSalario

anual

Salario

mensual

Salario

diario

Salario base908.16882.5612.752
Plus asistencia173.37015.761751
Antigüidade45.4084.128138
Tóxico, penoso, per.84.6337.694366
Plus despraz.87.3377.940378
Vacacións134.319
Extra xullo127.265
Extra Nadal127.265
Plus quendas181.63416.512550
Plus nocturnidade550
Plus c.s. festivo9.836
Plus xef. equipo151.10813.737654
Plus domingo1.945
Plus mov. transp.278.86725.3521.207
Hora extra1.007
Hora festiva1.244

Media axuda de custos2.084

Axuda de custos completa3.907

Axuda comida41.408

O salario anual é a retribución total pactada suposta unha plena presencia.

O salario mensual é o promedio obtido de dividir entre 11 meses o salario anual.

O salario diario é o resultado de dividir por 30 o salario mensual polo que se refire ós conceptos salario base, antigüidade e plus de quendas; e por 21 o resto dos conceptos retributivos de carácter mensual.

Táboa salarial da empresa Cotelsa ano 1995

Categoría: oficial 3ª

Do 1-7-1995 ó 31-12-1995

ConceptosSalario

anual

Salario

mensual

Salario

diario

Salario base870.51379.1382.638
Plus asistencia168.74115.340730
Antigüidade43.5263.957132
Tóxico, penoso, per.76.9476.995333
Plus despraz.87.3377.940378
Vacacións131.326
Extra xullo124.272
Extra Nadal124.272
Plus quendas174.10315.828528
Plus nocturnidade528
Plus c.s. festivo9.134
Plus xef. equipo145.34513.213629
Plus domingo1.955
Plus mov. transp.273.46824.8611.184
Hora extra903
Hora festiva1.156

Media axuda de custos2.084

Axuda de custos completa3.907

Axuda comida41.408

O salario anual é a retribución total pactada suposta unha plena presencia.

O salario mensual é o promedio obtido de dividir entre 11 meses o salario anual.

O salario diario é o resultado de dividir por 30 o salario mensual polo que se refire ós conceptos salario base, antigüidade e plus de quendas; e por 21 o resto dos conceptos retributivos de carácter mensual.

Táboa salarial da empresa Cotelsa ano 1995

Categoría: especialista

Do 1-7-1995 ó 31-12-1995

ConceptosSalario

anual

Salario

mensual

Salario

diario

Salario base834.98275.9072.530
Plus asistencia161.18114.653698
Antigüidade41.7493.795127
Tóxico, penoso, per.74.2276.748321
Plus despraz.87.3367.940378
Vacacións124.541
Extra xullo117.487
Extra Nadal117.487
Plus quendas166.99715.182506
Plus nocturnidade506
Plus c.s. festivo8.361
Plus xef. equipo139.12512.648602
Plus domingo1.955
Plus mov. transp.271.38624.6711.175
Hora extra781
Hora festiva1.056

Media axuda de custos2.084

Axuda de custos completa3.907

Axuda comida41.408

O salario anual é a retribución total pactada suposta unha plena presencia.

O salario mensual é o promedio obtido de dividir entre 11 meses o salario anual.

O salario diario é o resultado de dividir por 30 o salario mensual polo que se refire ós conceptos salario base, antigüidade e plus de quendas; e por 21 o resto dos conceptos retributivos de carácter mensual.

Táboa salarial da empresa Cotelsa ano 1995

Categoría: peón

Do 1-7-1995 ó 31-12-1995

ConceptosSalario

anual

Salario

mensual

Salario

diario

Salario base725.05665.9142.197
Plus asistencia111.46310.133483
Antigüidade36.2533.296110
Tóxico, penoso, per.62.9565.723273
Plus despraz.87.3367.940378
Vacacións112.027
Extra xullo104.975

ConceptosSalario

anual

Salario

mensual

Salario

diario

Extra Nadal104.975
Plus quendas145.01013.183439
Plus nocturnidade439
Plus c.s. festivo7.097
Plus xef. equipo121.25011.023525
Plus domingo1.962
Plus mov. transp.273.15824.8331.183
Hora extra660
Hora festiva896

Media axuda de custos2.084

Axuda de custos completa3.907

Axuda comida41.408

O salario anual é a retribución total pactada suposta unha plena presencia.

O salario mensual é o promedio obtido de dividir entre 11 meses o salario anual.

O salario diario é o resultado de dividir por 30 o salario mensual polo que se refire ós conceptos salario base, antigüidade e plus de quendas; e por 21 o resto dos conceptos retributivos de carácter mensual.

1110