Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 1996 Páx. 1.391

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 1 febreiro de 1996 pola que se aproba o cambio de dominio da batea M.P.L. número 1.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de Pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta Consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Xurídico e de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome do viveiro: M.P.L. nº 1.

Cultivo: mexillón.

Localización: cuadrícula nº 18, Cambados I.

Data da concesión: 9-4-1975 (BOE nº 120).

Data do remate da última prórroga: 20-5-2005.

Anterior concesionario: Ramón Arcos González e Francisca Ordóñez Alcalde.

Novos titulares concesión: Sara Múñiz Otero e José Manuel Fernández Fernández.

Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 1 de febreiro de 1996.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Juan M. López García

Delegado Territorial de Vigo

8372