Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 1996 Páx. 1.390

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

ORDE do 18 de xaneiro de 1996 pola que se recoñece de interese galego e se ordena a inscrición no Rexistro de Fundacións de interese galego da Fundación Ara-Solis.

Visto o expediente de recoñecemento de interese galego e a inscripción no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Ara-Solis, con domicilio na Coruña, r/ de Noia, 47.

Supostos de feito.

Primeiro.-O 20 de outubro de 1995 solicitouse o recoñecemento de interese galego e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Ara-Solis por medio de escrito presentado por Francisco José Pérez González, en representación da fundación.

Segundo.-A fundación constitúese en escritura pública, outorgada na Coruña o día 11 de outubro de 1995, ante o notario desta cidade Francisco Manuel Ordoñez Armán, co número dous mil douscentos vintedous do seu protocolo, por Álvaro Marcos Garzón, José Raúl Seoane Prieto, Armando Amodia

Doval, Francisco José Pérez González, Carlos Juan Díaz Martínez e Feliciano Andrés Crespo Rego. Con data 5 de decembro e, ante o mesmo notario, Álvaro Marcos Garzón, na súa calidade de presidente do padroado da fundación, formaliza escritura complementaria da de constitución, intervindo todos no seu propio nome e debidamente acreditados.

Terceiro.-A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública a proposta de clasificación como cultural da Fundación Ara-Solis, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a execución das facultades inherentes a aquel á Consellería de Cultura.

Cuarto.-Á vista da proposta da comisión de secretarios xerais, pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 26 de decembro de 1995 (DOG do 16 de xaneiro) clasificouse como cultural a Fundación Ara-Solis, tendo en conta o disposto no artigo 32.3º a) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego.

Quinto.-Segundo consta no artigo dous dos seus estatutos o obxecto e finalidade da fundación é a defensa dos dereitos humanos e, de xeito moi especial, o fomento de todas aquelas actividades que sirvan para o desenvolvemento dentro do ámbito territorial da comunidade galega, dos principios de tolerancia ideolóxica e de filantropía, a través da organización de seminarios e exposicións, celebración de conferencias, promoción de estudios, e outros medios encamiñados ó fin indicado.

Sexto.-Na escritura pública pola que se constitúe a fundación, nos estatutos e na restante documentación que figura no expediente constan, entre outros, os seguintes puntos: acreditación da personalidade dos fundadores, dotación inicial da fundación, estatutos nos que consta a denominación da fundación como Fundación Ara-Solis, capacidade xurídica, enderezo e obxecto.

O Padroado da fundación está integrado polos seguintes membros:

Presidente: Álvaro Marcos Garzón.

Vicepresidente: Feliciano Andrés Crespo Rego.

Secretario: José Raúl Seoane Prieto.

Vocais: Armando Amodia Doval, Carlos Juan Díaz Martínez e Francisco José Pérez González.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral, de acordo coa lei. O artigo 27.26º do Estatuto

de autonomía para Galicia atribúelle a esta comunidade competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

Segundo.-Conforme o artigo 32.3º a) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, así como o artigo 1 do Decreto 12/1990, é competencia desta consellería a declaración de interese galego e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Ara-Solis, dado o seu obxecto, coincidente coas competencias desenvolvidas pola Consellería de Cultura, asumindo as funcións que en canto a protectorado lle corresponden á Xunta de Galicia.

Terceiro.-Ó amparo do disposto no artigo 7.5º da Lei 7/1983, do 22 de xuño, á realización da finalidade fundacional débense destinar, cando menos, o oitenta por cento das rendas que obteña a fundación e dos outros ingresos que non formen parte da dotación da fundación.

Cuarto.-A Lei 11/1991, do 8 de novembro, dálle nova redacción ó artigo 21.2º da Lei 7/1983, establecendo a obriga de, por unha banda, formular e presenta-lo orzamento de ingresos e gastos ó protectorado con anterioridade ó inicio do excercicio económico e, por outra, a de efectuar un inventario-balance, pechado na data da finalización do exercicio, unha memoria das actividades realizadas ó longo do ano e de xestión económica do patrimonio, así como a liquidación do orzamento de ingresos e gastos do ano anterior, que deberán presentarse ó protectorado no prazo de seis meses desde a data do peche do exercicio.

Este conxunto de obrigas débense entender asumidas pola fundación, aínda que non se recollan expresamente nos seus estatutos.

Quinto.-Á vista do exposto pódense entender substancialmente cumpridos os requisitos legais e regulamentarios para a declaración de interese galego e a súa inscrición no Rexistro de Fundacións da, Sección de Fundacións da Consellería de Cultura segundo se desprende dos artigos 5, 6, 7, 8, 11.1º e 18 da Lei 7/1983, en relación cos artigos 2, 3, 4, 5 e 33 do Decreto 248/1992.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Primeiro.- Recoñecer e declarar de interese galego a Fundación Ara-Solis.

Segundo.-Ordena-la súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, Sección de Fundacións da Consellería de Cultura.

Terceiro.-Aproba-los seus estatutos e a formación do seu órgano de goberno.

Cuarto.-A dita fundación queda sometida ó disposto no resto da normativa de xeral aplicación, en especial á obrigación delles da-la publicidade sufi

ciente ás súas actividades e á ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servicios, quedando obrigada a rende-las contas anualmente ó protectorado e a xustificar, a través dunha memoria anual, o cumprimento das cargas fundacionais, así como a presenta-lo proxecto de orzamento antes do último mes do exercicio económico anterior a aquel para o que se formula, debendo solicita-las preceptivas autorizacións do protectorado cando sexan necesarias.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 1996.

Victor. M. Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura

914