Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 1996 Páx. 1.390

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

ORDE do 12 decembro de 1995 pola que se fixan os prezos de venda ó público de diversas publicacións da Consellería de Cultura.

A lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable pola Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse, co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 1995.

Victor M. Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura

ANEXO

A encadernación: 320 ptas.

O gravado: 320 ptas.

A comunicación visual: 320 ptas.

A radio: 320 ptas.

Costa da Morte. Paisaxe viva: 2.500 ptas.

De Dalí a Hitchcock. Actas del V congreso de la AEHC: 2500 ptas.

A luz dun soño: 1.000 ptas.

703