Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 1996 Páx. 1.365

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de citación (831/1995).

A maxistrada xuíza do Xulgado do Social número catro dos da Coruña Beatriz Rama Insua, en resolución do día da data, dictada nos autos que se seguen neste xulgado no número 831/1995, sobre salarios, por instancia de Gerardo Rozada Vilariño, contra a empresa José García Cao, acordou que se cite á representación legal da empresa José García Cao, que tivo o seu domicilio nesta cidade da Coruña, hoxe en paradoiro descoñecido, en única convocatoria, para que, acompañado de tódolos medios de proba que coide convenientes, compareza na sala de audiencia deste xulgado o día 14 de marzo de 1996 ás 11.10 horas, sito na rúa Monforte, Núm. 1, 1ª planta (edificio Novos Xulgados), co fin de asistir á celebración do acto de xuízo correspondente e render confesión xudicial no mesmo acto. Pódeselle ter por confeso en caso de incomparecencia; é requirido, así mesmo, para que ó dito acto achegue a seguinte documentación: follas da salarios, TC2, libros de matrícula, todos eles correspondentes ó período

de tempo traballado polo actor na empresa.

Fáiselle saber que a copia da demanda se atopa ó seu dispor na secretaría deste xulgado.

Advírteselle de que as seguintes resolucións serán notificadas nos estrados do xulgado, agás aquelas que expresamente exceptúa a Lei de procedemento laboral.

Para que sirva de cédula de citación á empresa José García Cao, expido a presente na Coruña o 29 de xaneiro de 1996.

O secretario xudicial

Rubricado

1141