Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 1996 Páx. 1.365

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 1996 pola que se anuncia a licitación do concurso polo procedemento aberto -trámite de urxencia- das obras que se citan (clave N/AC//91.12.1 e dúas máis).

a) Obras.

1. Proxecto de construcción da AC-441 Berdoias-Brandomil.

Treito: Baíñas-Brandomil.

Clave: N/AC/91.12.1.

Orzamento: trescentos setenta e nove millóns novecentas corenta e unha mil trescentas trinta e oito pesetas (379.941.338).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación:

Grupo A, subgrupo 2, categoría c.

Grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: 7.598.827.

2. Proxecto de construcción: OU-202 O Carballi-límite provincia. PO-202 Lalín-límite provincia.

Clave. RF/OU/95.1.

Orzamento: cento setenta e sete millóns cento sesenta e unha mil oitenta pesetas (177.161.080).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación:

Grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Garantía provisional: 3.453.222.

3. Proxecto de construcción da estrada Lugo-Friol. LU-232.

Treito: Lugo-Friol (2ª fase). T.M.: Lugo.

Clave: N/LU/91.15.1.2.

Orzamento: catrocentos noventa e nove millóns novecentas sesenta e dúas mil duascentas trinta e catro pesetas (499.962.234).

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación:

Grupo A, subgrupo 2, categoría d.

Grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Garantía provisional: 9.999.245.

(Declaradas urxentes con base no establecido no artigo 72 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada no apartado a) anterior, salvo nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas e unha garantía definitiva equivalente o 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 1996.

(P.D.O. 13-1-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

1009