Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 1996 Páx. 1.364

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de citación (414/1995).

A maxistrada xuíza do Xulgado do Social número catro dos da Coruña Beatriz Rama Insua, en resolución do día da data, dictada nos autos que se seguen neste xulgado no número 414/1995, sobre despido, por instancia de Eliseo Castro Taibo, contra Servicios y Gestión Nova, S.A. e outros, acordou que se cite á representación legal de Servicios y Gestión Nova, S.A. e xerente, que tivo o seu domicilio nesta cidade da Coruña, hoxe en paradoiro descoñecido, en única convocatoria, para que, acompañado de tódolos medios de proba que coide convenientes, compareza na sala de audiencia deste xulgado o día 11 de marzo de 1996 ás 12.30 horas, sito na rúa Monforte, Núm. 1, 1ª planta (edificio Novos Xulgados), co fin de asistir á celebración do acto de

xuízo correspondente e render confesión xudicial no mesmo acto. Pódeselle ter por confeso en caso de incomparecencia; é requirido, así mesmo, para que ó dito acto achegue a seguinte documentación: libro de matrícula de persoal da demandada, folas de salarios do actor relativas ó período traballado, boletíns de cotización a la SS.SS., contrato de prestación de servicios subscrito pola empresa Madroño Márquez, S.A. coa empresa coa que contratou o servicio de transporte, e que realizaba o actor, contrato de traballo firmado polo actor e visado polo INEM, parte de alta á Seguridade Social do actor, e visado pola Tesorería Xeral da Seguridade Social.

Fáiselle saber que a copia da demanda se atopa ó seu dispor na secretaría deste xulgado.

Advírteselle de que as seguintes resolucións serán notificadas nos estrados do xulgado, agás aquelas que expresamente exceptúa a Lei de procedemento laboral.

Para que sirva de cédula de citación á empresa Servicios y Gestión Nova, S.A. e xerente Gloria Mª Jordano González, expido a presente na Coruña o 29 de xaneiro de 1996.

O secretario xudicial

Rubricado

838