Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 1996 Páx. 1.364

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de citación (896/1995).

A maxistrada xuíza do Xulgado do Social número catro dos da Coruña Beatriz Rama Insua, en resolución do día da data, dictada nos autos que se seguen neste xulgado no número 896/1995, sobre cantidade, por instancia de Luis Rodríguez Carballal, contra construcciones Miguel y Óscar, S.L. e Construcciones Europeas Económicas, S.A. acordou que se cite á representación legal de Construcciones Miguel y Óscar, S.L. e Construcciónes Europeas Económicas, S.A., que tivo o seu domicilio na Coruña, hoxe en paradoiro descoñecido, en única convocatoria, para que, acompañado de tódolos medios de proba que coide convenientes, compareza na sala de audiencia deste xulgado o día 11 de marzo de 1996 ás 12.15 horas, sito na rúa Monforte, núm. 1, 1ª planta (edificio Novos Xulgados), co fin de asistir á celebración do acto de xuízo correspondente e render confesión xudicial no mesmo acto. Pódeselle ter por confeso en caso de incomparecencia; é requirido, así mesmo, para que ó dito acto achegue a seguinte

documentación: libro de matrícula, recibos de salario do actor do período reclamado, boletíns de cotización á Seguridade Social de idéntico período.

Fáiselle saber que a copia da demanda se atopa ó seu dispor na secretaría deste xulgado.

Advírteselle de que as seguintes resolucións serán notificadas nos estrados do xulgado, agás aquelas que expresamente exceptúa a Lei de procedemento laboral.

Para que sirva de cédula de citación a Construcciones Miguel y Óscar, S.L. e Construcciones Europeas Económicas, S.A., expido a presente cédula na Coruña o 16 de xaneiro de 1996.

O secretario xudicial

Rubricado

835