Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 1996 Páx. 1.363

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

EDICTO de poxa (840/1994).

Antonio Miguel Fernández-Montells y Fernández, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous da Coruña.

Fago saber: que neste xulgado se seguen autos do xuízo nº 840/1994, por instancia de Mª José Vilas Blanco, contra a empresa Eleuterio Lago, S.L. e outros, sobre despido e no trámite de execución acordouse sacar á venda en poxa pública por termo de 20 días os bens que ó final do presente edicto se describirán baixo as seguintes condicións:

1.-O remate levarase a cabo nunha ou varias poxas na sala de audiencias deste xulgado sito no edificio Novos Xulgados, r/ Monforte de Lemos, s/n, efectuándose o sinalamento simultáneo das tres primeiras que autoriza o artigo 1488 da L.A.C., conforme as seguintes datas e tipos de licitación:

1ª Poxa: o día 20 de marzo de 1996 ás 9.55 horas. Tipo de licitación: os dous tercios dos indicados na descrición dos bens sen que sexa admisible postura inferior.

2ª Poxa: o día 19 de abril de 1996 ás 9.50 horas. Tipo de licitación: o 75% do tipo sinalado para a primeira poxa sen que sexa admisible postura inferior.

3ª Poxa: o día 17 de maio de 1996 ás 9.55 horas na que non se admitirán posturas que non excedan do 25% da cantidade na que se establecerán os prezos xustos dos bens.

2.-Para tomar parte na poxa tódolos postores (con excepción do acredor demandante) deberán consignar unha cantidade igual polo menos ó 20% do tipo sinalado para a primeira e segunda poxa, e na terceira poxa unha cantidade igual polo menos ó 20% do tipo sinalado para a segunda.

Os depósitos deberán ser consignados na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten no Banco Bilbao Vizaya ó que facilitará os seguintes datos: Xulgado do Social número dous da Coruña, conta xulgado nº 1532, clave 64, nº expediente 840/1994, deberá ser acompañado do resgardo de ingreso correspondente.

3.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse posturas por escrito en prego pechado, verificándose o depósito na forma establecida no nº anterior, e entendéndose que acepta as obrigas consignadas na regra 6.

4.-Só executante poderá facer a postura na calidade de cede-lo remate a un terceiro, que se fai uso desta facultade deberá verificalo nos termos que establece o artigo 1499.3 da L.A.C.

5.-Que os títulos da propiedade dos bens estarán de manifesto na secretaría para que poidan examinalos os que quixeran tomar parte na poxa prevíndolle que os licitadores deberán conformarse con eles e que non terán dereito a esixir ningúns outros.

6.-As cargas e gravames anteriores e preferentes, se os houber, ó crédito do actor, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

7.-Se por calquera circunstancia deberá suspenderse algunha das poxas trasladarase a súa celebración á mesma hora para o seguinte luns hábil, segundo a primeira destas condicións.

8.-Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, salvo o que corresponde ó mellor postor, as que se reservarán en depósito como garantía do cumprimento da obriga, e se é o caso, como parte do prezo de venda.

9.-Se o acredor o pedise ata o mesmo momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexasen aproveita-lo remate os outros postores, e sempre pola orde destes.

10.-Publíquense os edictos no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia.

Bens obxectos da poxa.

Turismo marca Mercedes Benz, modelo 190 E, Tipo 201.024, matrícula C-5601-AM, valorado na cantidade de trescentas mil pesetas (300.000 ptas.).

A Coruña, 2 de febreiro de 1996.

Antonio M. Fernández Montells

Maxistrado-xuíz

Jaime Balado Yáñez

Secretario xudicial

834