Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 1996 Páx. 1.362

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

EDICTO de poxa (599/1992).

Antonio Miguel Fernández-Montells y Fernández, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous da Coruña.

Fago saber: que neste xulgado se seguen autos do xuízo nº 599/1992 e 600/1992, por instancia de José Graña Sánchez e outros, contra Cerámica Felpete, S.A. e no trámite de execución nº 132/1992, acordouse sacar á venda en poxa pública por termo de 20 días os bens que ó final do presente edicto se describirán baixo as seguintes condicións:

1.-O remate levarase a cabo nunha ou varias poxas na sala de audiencia deste xulgado sito no edificio

Novos Xulgados, r/ Monforte s/n, efectuándose o sinalamento simultáneo das tres primeiras que autoriza o artigo 1488 da L.A.C., conforme as seguintes datas e tipos de licitación:

1ª Poxa: o día 20 de marzo de 1996 ás 10.25 horas. Tipo de licitación: os dous tercios dos indicados na descrición dos bens sen que sexa admisible oferta inferior.

2ª Poxa: o día 19 abril de 1996 ás 9.45 horas. Tipo de licitación: o 75% do tipo sinalado para a primeira poxa sen que sexa admisible oferta inferior.

3ª Poxa: o día 17 de maio de 1996, ás 10 horas na que non se admitirán ofertas que non excedan do 25% da cantidade na que se establecerán os prezos xustos dos bens.

2.-Para tomaren parte na poxa tódolos licitadores (a excepción do acredor demandante) deberán consignar unha cantidade igual polo menos ó 20% do tipo sinalado para a primeira e segunda poxas, e na terceira poxa unha cantidade igual polo menos ó 20% do tipo sinalado para a segunda.

Os depósitos deberán ser consignados na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten no Banco Bilbao Vizcaya ó que facilitará os seguintes datos: Xulgado do Social número dous da Coruña, conta xulgado nº 1532 clave 64, nº expediente 599/1992 debendo ser acompañado do resgardo de ingreso correspondente.

3.-En tódalas poxas desde o anuncio ata a súa celebración poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, verificándose o depósito na forma establecida no número anterior e entendéndose que acepta as obrigas consignadas na regra 6.

4.-Só o executante poderá face-la oferta na calidade de cede-lo remate a un terceiro, que se fai uso desta facultade deberá verificalo nos termos que establece o artigo 1499.3 da L.A.C.

5.-Que os títulos da propiedade dos bens estarán de manifesto na secretaría para que poidan examinalos os que quixeran tomar parte na poxa prevíndoos de que os licitadores deberán conformarse con eles e que non terán dereito a esixir ningún outro.

6.-As cargas e gravamens anteriores e preferentes, se os houber, ó crédito do actor, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

7.-Se por calquera circunstancia tivese que suspenderse algunha das poxas trasladarase a súa celebración á mesma hora para o seguinte luns hábil, segundo a 1ª destas condicións.

8.-Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes na poxa, salvo o que corresponde ó mellor licitador, as que se reservarán en depósito como garantía do cumprimento da obriga, e se é o caso, como parte do prezo da venda.

9.-Se o acreedor o pedise, ata o mesmo momento da celebración da poxa tamén poderán reservarse

en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e dexesan aproveita-lo remate os outros licitadores, e sempre pola orde deles.

Bens obxectos da poxa.

Predio de natureza urbana propiedade da empresa Cerámica Felpete, S.A., sita no Municipio de Boimorto, lugar Arceo, domicilio estrada de Boimorto-empalme A Lanza, s/n, zona 7, polígono 507, parcela 2055. O predio obxecto de valoración está practicamente ocupado por unha nave de planta irregular destinada á fabricación de elementos de construcción, así como das materias para a fabricación. A superficie do predio é aproximadamente de 11 ferrados ou 6.985 m, superficie planimétrica é de 6.907 m, linda ó norte predio nº 207 de Jesús Grego García, sur, estrada de Boimorto a Lanza, leste, José Meijide Aguión e oeste José García Rodríguez. Tasada en 7.683.500 ptas.

A Coruña, 2 de febreiro de 1996.

Antonio M. Fernández Montells

Maxistrado-xuíz

Jaime Balado Yáñez

Secretario

0988