Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 1996 Páx. 1.362

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (482/1995).

No Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis dos de Santiago de Compostela, tramítase co número 482/1995, expediente de dominio, por instancia de Olga e Antonio Seoane Gómez, para a reanudación do tracto sucesivo no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela, dos seguintes predios:

A) Predio nº 99 do plano xeral do Servicio de Concentración Parcelaria da zona de San Andrés, rústica, terreo dedicado a labradío, secaño no sitio de Salgueiriños, concello de Santiago de Compostela, que linda: norte, con Carmen Oterio Rial e outros (100) e Carmen Otero Puentes (101); sur, con María Mallou Vilaseco (98); leste, con camiño construído polo Servicio de Concentración Parcelaria; e oeste, con José Areagüeña Varela. Ten unha extensión superficial de cinco áreas e setenta e unha centiáreas. Inscrición: inscrita no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela, no tomo 603, libro 260, folio 187, predio 13.025, inscrición 1ª.

B) Predio nº 91 do plano xeral do Servicio de Concentración Parcelaria e Ordenación Rural da zona de San Fiz de Afora, rústico, terreo dedicado a monte no sitio de Ponte das Meigas, concello de Santiago de Compostela, que linda: norte, con camiño construído polo camiño de concentración parcelaria; sur, con Gumersindo Moar Mira (90), regato en medio; leste, camiño construído polo Servicio de Concentración Parcelaria e Gumersindo Moar Mira (90) e oeste con Manuel Mallou (92) e camiño cons

truído polo Servicio de Concentración Parcelaria. Ten unha extensión superficial de quince áreas e cincuenta e oito centiáreas. Inscrición: inscrita no Rexistro da Propiedade, tomo 621, libro 278, folio 91, predio 15.376, inscrición 1º.

C) Predio nº 213 do plano xeral de concentración parcelaria e ordenación rural da zona de San Fiz de Afora. Rústica, terreo dedicado a labradío, secano e monte, no sitio de Biscoiteira, do concello de Santiago de Compostela, que linda: norte, con Jesús Mallou Seoane (211) e Manuel Mallou Souto (212); sur, Vicenta Mallou Vilaseco (247), regato en medio e camiño construído polo Servicio de Concentración Parcelaria; este, con camiño construído polo Servicio de Concentración Parcelaria e camiño de servicio; e oeste, con Enrique Mallou Seoane (210). Ten unha extensión superficial de dezasete áreas e corenta e nove centiáreas. Inscrición: inscrita no Rexistro da Propiedede de Santiago de Compostela, no tomo 621, libro 278, folio 212, predio 15.497, inscrición 1ª. Este predio áchase gravado como consecuencia da concentración cunha servidume de paso a favor do 248, constituída por un camiño na forma que se expresa no plano correspondente.

E para que sirva de citación ós titulares rexistrais Asunción, Lourdes, Avelina, José María, Santiago e Josefa Mallou Mirás, ós herdeiros do titular rexistral Pastora Mallou Mirás, chamados Dorinda, Purificación, América, María, Natividadad, Laureano e Juan Mera Mallou, de tódolos que se descoñece o domicilio pola parte propoñente, así como ás persoas descoñecidas ás que poida prexudica-la inscrición solicitada, co fin de que dentro do termo de dez días poidan comparecer no expediente, expídese o presente edicto en Santiago de Compostela o vinteún de decembro de mil novecenotos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

0937